Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A constitución de empresas cae un 3,5%



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE XUñO DE 2019 · (0)



No mes de maio constituíronse en España 8.462 novas compañías, o que supón un 3,5% menos que no mesmo mes de 2018. De acordo cos datos de Iberinform, nos catro primeiros meses de 2019 rexistráronse 42.583 constitucións de empresas, un 3,1% menos.


O número máis significativo de constitucións rexistrouse na Comunidade de Madrid (22% do total de casos), seguida de Cataluña (19%), Andalucía (16%), Comunidade Valenciana (12%) e Galicia (4%). Respecto ao sector de actividade das empresas constituídas, o de servizos acapara o 51% do total de novas compañías creadas, seguido da construción (25%) e as empresas industriais (6%).

Segundo os datos de Iberinform, nos catro primeiros meses de 2019 rexistrouse un total de 17.072 disolucións de empresas en España, o que supón un lixeiro incremento do 0,3% respecto ao mesmo período do ano anterior. Se analizamos só os datos relativos ao mes de maio, o total de empresas disoltas foi de 2.460, un 2,4% máis que o mesmo mes de 2018.

Respecto á localización das compañías, Madrid é a comunidade autónoma onde máis disolucións se declaran (22% do total de casos). Séguenlle Cataluña (20%), Andalucía e a Comunidade Valenciana (11%), e Castela-A Mancha (6%). Por sectores, predominan as disolucións de compañías adicadas a servizos (42% do total), seguidas por empresas de construción (19%) e industria (8%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)