Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Marqués de Vizhoja proba o envellecemento dos viños no fondo mariño



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE XUñO DE 2019 · (0)



Un novo proxecto de I+D+i da adega galega en colaboración coa Universidade Miguel Hernández de Alacante e Adegas Submarinas do Mediterráneo. As botellas durmirán na contorna mariña durante 3 -6 meses e tras finalizar realizarase unha cata comparativa entre os viños mergullados fronte aos da adega.


Esperan que un plancto autóctono e o salitre máis moderado acheguen novidades aos sabores afroitados. A inmersión das botellas terá lugar en gaiolas furadas introducidas en silos de formigón e escolleuse unha selección de 200 botellas dos tres viños emblemáticos: Marqués de Vizhoja, Torre A Moreira e Señor da Folla Verde. Máis adegas probaron este sistema con éxito.

O director técnico da adega de Arbo, Javier Peláez, espera como resultado un viño altamente mineral, limpo en nariz e cunha alta concentración aromática, ademais de  frescor en boca nun proxecto que asumiu para analizar a evolución do viño baixo unha temperatura, presión e escuridade constante.  A isto únese o feito de que estudos biolóxicos de adegas no norte peninsular demostraron que a colocación de adegas submarinas benefician á contorna beneficiando xerando flora e fauna mariña; xa que os arrecifes artificiais posúen a finalidade de mellorar o estudo en termos de produtividade e diversidade. Peláez, realizará a cata comparativa entre os viños mergullados no mar e faranse públicos os resultados.

En Asturias, a firma Mare Vinum traballa selando as botellas manualmente cun lacre sintético especialmente deseñado para soportar a auga de mar e a presión. Teñen gaiolas para albergar cada botella de forma individualizada onde envellecen durante un período mínimo de 6 meses, segundo as necesidades. Outra adega é Crusoe Treasure. Presente no mercado desde 2013 traballa nunha concesión de 500 m2 no mar Cantábrico, na baía de Plenzia, preto de Bilbao. En España venden a chefs como Martín Berasategui ou Juan Mari Arzak pero os principais compradores son países como China, Rusia, Emiratos Árabes Unidos e EE.UU, onde o viño subacuático tivo boa acollida desde o inicio.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)