Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha facturación de 1.733 millóns de euros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE XUñO DE 2019 · (0)



O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) celebrou onte a súa Asemblea Anual achegando cifras como os resultados dos asociados e o emprego directo que xeran: máis de 5.200 postos. E nomearon ao economista e profesor Venancio Salcines, novo socio de honra.


O Clúster defendeu a compensación aos propietarios e amosouse á beira do rural xunto cun esforzo a favor da consolidación da cadea. Pero agora é tempo para a reflexión sobre os seguintes pasos a seguir. O deseño centrará boa parte do novo Plan Estratéxico no que xa se está traballando e que comezará pasado este ano.

Tamén se fixo na xuntanza de onte un percorrido polas principais actividades do exercicio anterior: entre os proxectos destacaron os de relación directa co prescritor como as Xornadas de Rehabilitación ou Meeting Point Lignum Lignum, ou as accións nA Industria 4.0. O presidente do CMD, José Manuel Iglesias, lembrou o traballo realizado por conseguir a cohesión da cadea de valor da madeira e destacou o importante labor do Clúster durante o últimos tres anos, ao poñerse ao servizo de todas as entidades do sector co fin de lanzar á sociedade unha mensaxe de unidade, cooperación e consolidación en clave de cadea.

Este traballo de anos tivo a súa posta de longo o pasado mes de marzo coa visita da súa Maxestade, o Rey, á celebración do Día Internacional dos Bosques. “É o momento de consolidar esta unidade con feitos tanxibles que marquen o futuro do sector galego. Para iso existen unha serie de comisións de traballo nas que participan toda a cadea que serán as encargadas de poñer en marcha todos os acordos alcanzados”, aseguran dende o Clúster.

Deseño industrial

Os esforzos da entidade deben centrarse agora no deseño industrial, tanto na edición de produto como procesos. “En Galicia temos grandes capacidades nas empresas do contract e nas pemes que atesouran tradición e oficio; o deseño é clave para diversificar, axustar e facer sustentables os seus custos fixos e alcanzar mercados internacionais”, afirmou Iglesias. O CMD establecerá unha reflexión conxunta con todos os socios para trazar este futuro e a visión para os catro próximos anos, onde deseño, internacionalización,competitividade e innovación terán un papel fundamental, continuando cos proxectos con prescritores e de posta en valor do monte.

Venancio Salcines é o novo socio de honra do CMD "polo seu labor de difusión e defensa do sector da madeira en todos os foros nos que participou”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)