Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como bioclimatizar as naves industriais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XUñO DE 2019 · (0)



Para o verán hai sistemas de arrefriado natural evaporativo para mellorar o confort que reducen ata un 80% o consumo baixando a temperatura de espazos pechados e abertos e mantendo a dos equipos e maquinaria. E os sistemas fotovoltaicos de autoconsumo melloran, ademais, a certificación enerxética.


A bioclimatización evaporativa, ademais de renovar o aire da nave, arrefríao e limpa, un sistema cento por cento sustentable que supón un aforro de ata un 80% da enerxía que consome un aire acondicionado. “Algúns consomen menos de 1100 kw, menos que un calefactor para o baño e arrefrían espazos de ata 300 metros cadrados”, afirma Jesús Echevarría, CEO de DTCO BIOclima, empresa especializada neste campo e que presentou as súas novidades en Subcontratación, a Feria Internacional de procesos e equipos para a fabricación celebrada estes días en Bilbao.

“Aumenta o interese pola bioclimatización de naves industriais”, recoñece o CEO de DTCO BIOclima. “Detectamos un crecemento do interese pola fotovoltaica, están a ser moi ben acollidos pola industria. Non só polo aforro senón tamén polo vínculo social que se crea entre as compañías e a súa contorna. O confort ambiental é necesario para desenvolver a actividade laboral e para o mantemento de maquinaria e equipos. Trátase dunha realidade da que cada vez son máis conscentes os empresarios e non o dicimos nós, así nolo trasladaron a maioría dos profesionais que nos visitaron”.

Os sistemas de calor que instala esta empresa para que as naves industriais poidan cumprir as normativas e condicións de confort térmico están dirixidos e non moven aire quente nin po. Hai tres orientacións: a puntual que alcanza ata os 35 metros cadrados mediante un sistema de calefacción eléctrica radiante, coa que a compañía consegue postos concretos de traballo; a zonal que chega ata os 60 metros cadrados a través dun sistema de calefacción cerámica e a global que alcanza ata os 900 metros cadrados para cubrir un gran volume.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)