Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O dispositivo Safe Door, da viguesa authUSB, recoñecido como dos máis seguros de España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XUñO DE 2019 · (0)



A empresa nada apenas hai un ano e que fóra seleccionada para participar na aceleradora VíaGalicia, está de parabéns. O seu dispositivo conseguiu a acreditación Lince que outorga o Centro Criptolóxico Nacional (CCN). É a única solución que proporciona protección fronte aos tres tipos de ataques: hardware (BadUSB), eléctrico (USBKiller) e software (Malware).


O equipo de authUSB -formado por Estefanía Soto, CEO; Jorge Vega, CTO; e María Cobas, directora comercial- está con motivo orgulloso da certificación. “O catálogo inclúe 21 empresas. Salvo a nosa, son todas grandes multinacionais. É un gran logro, vemos recompensado todo o esforzo e bríndanos grandes oportunidades, posibles alianzas e sinerxias con partners e integradores”, explica Estefanía Soto.

A solución -incluida no Catálogo de Produtos de Seguridade das Tecnoloxías da Información e Comunicación (Cpstic) na categoría de Seguridade na Explotación- protexe ás organizacións de ataques realizados a través de dispositivos de almacenamento USB. O catálogo no que xa está garante que cumpre os requisitos esixidos para a utilización en sistemas afectados polo Esquema Nacional de Seguridade:  organismos públicos e infraestruturas como hospitais, aeroportos, enerxéticas e do sector industrial.

Safe Door obtivo a clasificación alta, o que indica que é un produto totalmente  confiable e que cumpre cos máximos estándares de seguridade e  cualificación. “As organizacións teñen que concienciar aos seus equipos e poñer medios para evitar riscos que poden derivar en perdas económicas ou fugas de información. Igual que non abrimos un correo que non sexa de confianza, non debemos conectar directamente ao noso equipo un dispositivo de almacenamento USB que nos atopemos ou que se usou noutros computadores. O risco non merece a pena. A nosa solución non necesita instalación”, destaca a directora comercial, María Cobas.

Como funciona?

“Safe Door conta con software e hardware propios que foron especialmente deseñados para neutralizar os tres tipos de vectores de ataque que se realizan a través de memorias USB. Trátase dun dispositivo que podemos conectar á nosa rede local ou directamente ao noso equipo. Basta con inserir nel as memorias USB para que efectúe unha análise inmediata e continua das tres ameazas. A través dunha aplicación web monitórase en tempo real o contido das mesmas notificando e neutralizando calquera anomalía”, indica Jorge Vega, CTO da compañía que xa recibiu o Premio Security Forum 2018 ao Mellor Proxecto de Seguridade realizado en España, e foi certificada como Peme Innovadora polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)