Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Enaire renova o seu radar de Espiñeiras, na provincia da Coruña



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XUñO DE 2019 · (0)



O radar, de última tecnoloxía, permitirá dispoñer de maior información sobre as aeronaves que estean volando na zona do noroeste da Península, e proporcionará cobertura aos avións que despegan e aterrizan nos aeroportos da Coruña, Santiago e Vigo


Este radar proporciona información de vixilancia das aeronaves tanto ao Centro de Control de Tráfico Aéreo de Enaire en Madrid como ao Centro de Control de Área Terminal en Santiago. En total, controlará o espazo aéreo nun radio dunhas 250 millas náuticas (o equivalente a unha superficie duns 670.000 km2).

O radar de Espiñeiras vén substituír ao anterior radar civil, instalado a principios de 2005. Está equipado con receptores dixitais e tecnoloxía Modo S, o que permitirá dispoñer de maior información sobre as aeronaves que estean voando, xestionar o tráfico con máis fluidez e incrementar a seguridade.

Este tipo de radares utilízase para o seguimento e vixilancia do tráfico, xa que facilita información relativa á posición de cada aeronave, a súa identificación e a altitude á que voa, facilitando a localización de todo o tráfico que opera na súa área de alcance.

O radar secundario de vixilancia Modo S representa unha mellora respecto ao radar secundario monopulso utilizado ata agora, posto que, utilizando as mesmas frecuencias, ten a capacidade de realizar interrogacións selectivas, co que diminúe a contaminación radioeléctrica. O de Espiñeiras únese aos outros 15 radares Modo S xa instalados en España, completando así a cobertura dos radares Modo S da cornisa cantábrica.

Das tecnoloxías dispoñibles para mellorar as prestacións do sistema de vixilancia español, o Modo S é a máis madura e implantada. Esta instalación contribúe ao posicionamento internacional de Enaire como xestor de navegación aérea no eido da vixilancia, en liña cos requisitos europeos para introducir progresivamente novas tecnoloxías que melloren a xestión do trafico aéreo en Europa.

Estación redundante

Ademais, o radar de Espiñeiras incorporará unha estación redundante de Vixilancia Dependente Automática Radiodifundida (ADS-B), que permitirá obter a posición das aeronaves a través da información que estas difunden de sus sensores de a bordo. Esta funcionalidade suporá no futuro seguir dispoñendo de información de vixilancia ante fallos mecánicos da estación radar.

Esta estación ADS-B foi cofinanciada baixo o Mecanismo “Conectar Europa” da axencia INEA da Unión Europea, dentro dun proxecto de implantación de vixilancia ADS-B presentado polos provedores de servizo de navegación aérea español (Enaire) e portugués (NAV Portugal).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)