Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Entradas esgotadas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XUñO DE 2019 · (0)



O Congreso de Marketing Dixital Flúor inaugúrase mañá xoves en Pontevedra ao grande. Na primeira edición congregará a máis de 400 profesionais na sede da Fundación Abanca atraidos por unha vintena de relatores de nivel.


Un comité integrado por máis de 15 empresas colaborou durante os últimos meses para crear concepto e contidos da xuntanza, polo que Flúor representa un proxecto colectivo do sector galego da comunicación. Serán dous días de intercambio e  networking con 14 conferencias, 3 mesas redondas e 5 obradoiros prácticos.

Entre os relatores están Tristán Elósegui, fundador de Matridiana, Juan Duce Reblet, director de Estratexia Dixital en APD; Roberto Carreras, fundador de  Voikers, Daniel  Scheidgen, márketing manager New Balance Iberia, Teresa Álvarez, E- commerce and dixital márketing en Dyson, Noelia Amoedo, fundadora e CEO de MediaSmart, Rosanna  Blasi, manager Enterprise de LinkedIn España ou Pablo Cimadevila, CEO de Cimadevila  Design.  Haberá unha mesa sobre estereotipos da publicidade e como a diversidade coa eficacia promocional e de vendas.

O congreso está organizado polo Cluster de Comunicación de Galicia, que une a impresores, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, de medios, márketing dixital, directores de márketing e directores de comunicación. Será inagurado ás 11:45 polo alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández-Lores; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e o presidente do Cluster, Xosé Luís Reza.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)