Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia é das rexións con máis solteiros maiores de 50 anos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE XUñO DE 2019 · (1)



Cun 4% máis que a media nacional un de cada tres xa prefire atopar o amor online –o 27% utiliza aplicacións de citas–. Así o asegura Ourtime, unha aplicación que pretende atopar parella á chamada xeración silver.


As persoas sen parella a partir dos 50 en todo o país superan os 6 millóns, dos cales o 44% busca o amor despois dunha separación, un divorcio ou unha perda segundo o recente estudo Love Connection, elaborado por TNS para Ourtime.

“A tecnoloxía é unha aliada clave para as novas relacións a partir dos 50 e en Ourtime apostamos por unha aplicación especialmente dirixida a estes solteiros", explica María Capela, Market Manager de Ourtime España, empresa que atopou o oco que estaba no mercado e xa é a aplicación de citas número 1 para homes e mulleres con máis de 5 décadas de vida. Da man dun Persoal Love Trainer que céntrase nas vantaxes de ilusionarse buscando unha nova parella e con consellos para ter éxito neste proceso.

En España, un dos países con maior esperanza de vida do mundo, representan un 39% da poboación. Canarias é a comunidade autónoma española que conta cunha maior porcentaxe de persoas sen parella -un 40%- entre os maiores de 50. Pero entre as rexións que contan con máis  babyboomers sen compromiso -solteiros, divorciados e viúvos- séguenlles os cántabros (39%), asturianos (38%) e galegos (37%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (1)



Matías

27 de xuño de 2019

De máis de 50 e de máis de 70. Dígoo pola foto.