Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Premio á conciliación e á responsabilidade social corporativa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE XUñO DE 2019 · (0)



A tecnolóxica galega Tecalis recibiu un accésit nos Premios Nacionais Alares 2019 polo seu modelo de negocio baseado no benestar do seu cadro de persoal como principal eixo de crecemento e o seu labor na transformación dixital.


Ante is de 500 asistentes e baixo a presidencia de honra do Reis de España, Tecalis, empresa con sede en Ames e conformada por capital 100% galego, recibiu este galardón polo seu labor realizado a favor da conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e da responsabilidade social corporativa.

A gala de entrega dos premios, celebrada no Auditorio da Mutua Madrileña en Madrid, foi conducida por El Langui, cantante, locutor, escritor e actor gañador dun Goya, e contou coa participación da ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social, María Luisa Carcedo Roces, que foi a encargada de dar a conferencia inaugural remarcando como debemos entre todos reforzar a igualdade.

Este accésit vén culminar un ano repleto de premios e recoñecementos á tecnolóxica galega e ao seu modelo empresarial baseado na fusión da innovación tecnolóxica coa innovación na excelencia empresarial, aspectos que situaron tanto á corporación como a Galicia no mapa innovador tecnolóxico mundial e na lista de modelos de negocio referentes en España.

Modelo innovador

O modelo de negocio de Tecalis está conformado ao 100% por políticas de responsabilidade social corporativa, que buscan a felicidade e o benestar do seu cadro de persoal, co fin de mellorar a produción e a calidade dos proxectos, así como aumentar os niveis de implicación, comunicación e fidelidade do talento que conforma o seu capital humano, o que levou á empresa a triplicar a súa produtividade e rendemento, e por extensión o seu crecemento empresarial.

O diario financeiro Financial Times posicionou en 2018 ao grupo empresarial de Tecalis (Dexga) no posto 145 das 1.000 empresas que máis rápido medran en Europa, a través da súa coñecida lista FT 1000. E de novo este ano a empresa repetiu a proeza de posicionarse nesta lista.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)