Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O emprego na industria española sitúase no 18,2%



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE XUñO DE 2019 · (0)



O sector industrial da Unión Europea foi perdendo peso no emprego ao longo dos últimos anos. En 2000, a industria da UE-28 aínda empregaba, en promedio, arredor do 26% do total, cifra que se reduciu a un 21,8% en 2018

Os países que manten un peso significativo do sector industrial no emprego son fundamentalmente os miembros de recente adhesión á Unión Europea, xunto a uns cantos países da antigua UE-15 como Alemaña, Portugal e Italia. Na República Checa, que ocupa o primeiro lugar, a industria absorbe un 36,5% do emprego, figurando a continuación Eslovaquia e Polonia, ambos por riba do 31%.

Romanía e Eslovenia están preto do 30%, mentres que Estonia, Hungría, Croacia, Lituania e Bulgaria contan cunha proporción do emprego na industria superior ao 25%. Alemaña segue tendo unha presenza relativamente forte da industria no emprego cun 24,2%, ao igual que Portugal e Italia con cifras arredor do 23%. Finlandia (22,8%) e Austria (22,7%) tamén superan o promedio.

Por debaixo da media sitúanse Suecia cun 19,8% e Luxemburgo cun 18,5%. En España o sector industria supón un 18,2% do emprego en 2018, cando no ano 2000 aínda estabamos nun 29,5% e nun 25,3% en 2008. Entre os países coas cifras máis baixas destacan Francia e o Reino Unido, ambos algo por riba do 16%, así como os Países Baixos e Grecia, que apenas superan o 14%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)