Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O prezo da vivenda nova aumenta un 5,1% nos últimos doce meses, pero modera o crecemento



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE XULLO DE 2019 · (0)



O prezo medio en España está en 2.400 €/ m2. A moderación no crecemento e no número de hipotecas e transaccións podería anticipar un posible cambio de ciclo en Madrid e Barcelona. En Galicia, mantémonos no medio da lista.


Con 1602 euros o metro cadrado de media as capitais galegas de provincia está no medio da táboa segundo Sociedade de Taxación e o seu Informe de Tendencias do Sector Inmobiliario, que inclúe información deste primeiro semestre de 2019. O progresivo aumento da demanda de aluguer, en conxunción coa escaseza de chan edificable -sobre todo nas grandes cidades- pode acabar tendo influencia na evolución dos prezos.

O estudo realizouse en preto de 400 municipios e analiza os prezos de vivenda nova das poboacións máis representativas do territorio nacional. Os resultados; o prezo medio dunha vivenda tipo de 90 m2 no conxunto das capitais de provincia é de 216.000 €. No resto das cidades estudadas que non son capitais de provincia, o prezo medio dunha vivenda nova situouse en 1.646€/ m2, o que supón un aumento do 2,6% respecto a xuño do ano anterior. Barcelona é a capital de provincia máis cara de España con 4.307 €/ m2, seguida por San Sebastián con 3.555 €/ m2 e Madrid con 3.515 €/ m2. Por contraposición, Cáceres con 1.166 €/ m2, Badaxoz con 1.182 €/ m2 e Ciudad Real con 1.200 €/ m2, son as capitais que rexistran os prezos máis baixos.

Por Comunidades Autónomas, Cataluña (3.829 €/ m2), é a comunidade con prezos máis altos seguida por Madrid (3.515 €/ m2) e País Vasco (2.693 €/ m2). As tres presentan os niveis de prezos en vivenda nova máis altos. Pola contra, Estremadura (1.176 €/ m2), Murcia (1.238 €/ m2) son as comunidades que presentan prezos de vivenda nova máis baixos.

A confianza na evolución do sector retrocede

O Índice de Confianza Inmobiliario diminúe no primeiro semestre do ano ata situarse nos 55,8 puntos, sobre un máximo de 100, desde os 55,9 do trimestre pasado. Aínda así, continua por encima dos 50 puntos, indicativos dunha situación de equilibrio.

Por Comunidades País Vasco (59,8) e Valencia (59,2) presentan os índices de confianza máis altos. Por contraposición, Castela e León (50,9) e Estremadura (51,2) presentan os valores máis baixos. O Índice de Confianza trimestral constrúese a partir da opinión de máis de 700 profesionais sobre aspectos económico-inmobiliarios das zonas onde desenvolven a súa actividade profesional. As respostas dos profesionais pondéranse nunha escala que vai do 1 ao 5 en relación coa perspectiva (situación do últimos tres meses) e á expectativa (previsións para o próximos tres meses) sobre aspectos como a evolución da economía na rexión, evolución de vendas, etc. Este índice ofrece unha fotografía da situación no últimos tres meses.

7,3 anos de soldo para acceder a unha vivenda de tipo medio

O Índice de Esforzo Inmobiliario, que define o número de anos de soldo íntegro que un cidadán necesita destinar para a compra dunha vivenda de tipo medio, mantén a súa tendencia de crecemento e sitúase en 7,3 anos no segundo trimestre de 2019, e mantén a mesma cifra que hai un ano. Baleares continúa sendo a Comunidade Autónoma onde se necesitan máis anos para acceder a unha vivenda: 15,8 anos. En sentido oposto, A Rioxa segue sendo a rexión onde é máis fácil acceder á vivenda: 4,8 anos.

A capacidade de endebedamento aumenta lixeiramente

O Índice de Accesibilidade elaborado por Sociedade de Taxación diminuíu lixeiramente nos últimos 12 meses. Cunha referencia de 100 puntos nos casos onde a capacidade de endebedamento é suficiente, a media de España actualmente sitúase en 104 puntos, mantendo o mesmo nivel que en marzo de 2019, e dous puntos por encima do rexistrado en xuño de 2018. Con todo, algunhas Comunidades Autónomas, como Baleares, Cataluña e Madrid continúan rexistrando niveis salariais insuficientes para a adquisición dunha vivenda, con índices de accesibilidade de 48, 90 e 93 puntos respectivamente.

A rendibilidade do aluguer alcanza o 7,59

O Informe inclúe indicadores de rendibilidade do aluguer, desenvoltos por  Urban Data  Analytics ( uDA), socio tecnolóxico de Sociedade de Taxación, que estudou o mercado residencial para predicir tendencias e coñecer o comportamento das provincias fronte ao investimento. Segundo  Urban Data  Analytics ( uDA), a rendibilidade media no aluguer no noso país alcanza o 7,59 % no segundo trimestre de 2019. Por provincias, Toledo (8,4%), Sevilla (7,4%) e Teruel (7,4%) alcanzan as cifras de rendibilidade bruta no aluguer máis altas do territorio nacional. Pola contra, Biscaia cunha rendibilidade do 5,3%, seguido de Xirona cun 5,2% e Guipúscoa cun 4,8% de rendibilidade bruta, respectivamente, son as provincias que ofrecen menores rendibilidades no aluguer.

Na comparativa anual das rendibilidades brutas no aluguer, destacan as provincias de Granada, Toledo e Sevilla cunha variación anual respecto a xuño de 2019 de 13,8%, 8,4% e 6,5% respectivamente. Pola contra, as provincias de Barcelona, Madrid e Baleares presentan variacións negativas de –4,8%, -7,3% e -8,7% respectivamente. A opción de compra destinada ao aluguer segue presentándose como unha oportunidade de investimento moi atractivo, sendo Valencia, Sevilla e Granada as que presentan o mellor comportamento en canto a rendibilidade do aluguer e risco inmobiliario.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)