Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 51% dos españois cambia de empresa polo salario



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XULLO DE 2019 · (0)



A remuneración é o primeiro factor para irse dunha compañía, seguido da escaseza de perspectivas laborais (39%) e a imposibilidade para conciliar (36%). Así o destaca Randstad, que revela tamén que o salario también é a principal razón para permanecer na empresa.


O informe anual Randstad Employer Brand Research 2019 indica que 1,7 millóns de profesionais en España cambiaron de empresa por motivos salariais e pon de relevo a diferenza de 12 puntos porcentuais co segundo motivo máis escollido para marchar da compañía: sufrir unhas perspectivas profesionais limitadas. Séguenlle aspectos como problemas para a conciliación laboral e familiar (36%), falta de recoñecemento (32%), poucos desafíos (27%) e a ausencia de estabilidade económica da empresa (25%).

Sen embargo, os motivos dos profesionais para quedarse nunha empresa non son os mesmos que para irse. A pesar de que o salario volve ser o principal aliciente para permanecer nunha empresa (50%), a conciliación profesional e familiar (48%), e a seguridade laboral (47%) se converten tamén en aspectos imprescindibles. A maior distancia ubícanse un ambiente de traballo agradable (41%), contido laboral interesante (40%) e a ubicación (39%).

A crecente predilección polos denominados aspectos soft, como a conciliación, a flexibilidade ou un ambiente de traballo agradable reflicte que a fidelización dos profesionais por parte das empresas debe ir máis alá do soldo. O salario segue sendo un factor clave para os profesionais, pero non se trata do único motivo para tomar unha decisión sobre o seu futuro laboral. As políticas de fidelización do talento poden, e deben, ocuparse doutros temas, como a flexibilidade, a conciliación ou o ambiente de traballo, entre outros.

Segundo Miguel Valdivieso, director de Randstad Human Capital Consulting, “non cabe dúbida de que a equidade salarial é importante, toda estratexia competitiva de talento que non contemple unha retribución xusta non é sostible nin sequera en curto prazo. Non obstante, os datos indícannos que hai aspectos tanto ou máis importantes, como por exemplo non contar con políticas de flexibilidade, que é o segundo elemento incentivador de cambio, tanto para o talento senior como para o cualificado. Ademais do salario e as opcións de flexibilidade e dende o meu punto de vista, ao mesmo nivel de importancia, o resto de aspectos están directamente ligados ao estilo directivo (recoñecemento, desafío ou perspectivas profesionais)”.

O salario tenis importancia en España

O informe destaca as diferenzas existentes entre as motivacións para abandoar unha empresa en España con respeto ao conxunto dos 32 países cos que se elaborou o estudo. A nivel internacional, o salario é elixido polo 39% dos profesionais e non ten tanto peso como en España, sendo 12 puntos porcentuais inferior que no noso país. Contar cunhas perspectivas profesionais limitadas é valorado de maneira similar 37% fronte ao 39% que se dá en España, mentres que a conciliación laboral e profesional (29%), a ausencia de retos (28%) e a falta de recoñecementos (28%) son motivos menos importantes que no noso país.

A idade dos profesionais é relevante á hora de decidirse por abandoar ou permanecer nunha empresa. Segundo destaca Randstad, un 31% dos profesionais de entre 18 e 24 anos valora especialmente que as súas empresas lle ofreza unha formación de calidade, mentres que o 25% dos traballadores de entre 25 e 34 prefiren ser fieis a empresas con boa reputación. O 39% dos empregados de entre 35 e 54 anos permanece en empresas nas que estea garantida a flexibilidade, mentres que máis da metade (52%) dos profesionais con idades comprendidas entre os 55 e os 64 anos se queda na súa compañía sempre e cando lle achegue seguridade laboral.

Por outra banda, un de cada tres (32%) traballadores de entre 18 e 24 anos están dispostos a abandoar a súa empresa se lle ofrece retos, mentres que o 41% dos seus compañeiros de 25 a 34 o faría se considera que as súas perspectivas laborais son limitadas. A conciliación profesional e familiar é escollida por catro de cada dez profesionais (39%) con idades comprendidas entre os 35 e os 54 anos para rematar a súa relación contractual, mentres que o 30% dos empregados de entre 55 e 64 podería cambiar de traballo se a súa empresa non é economicamente estable.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)