Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cinco claves para aumentar o rendemento laboral en verán



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XULLO DE 2019 · (0)



Coidar a alimentación, traballar nunha contorna agradable, fomentar as relacións interprofesionais, a flexibilidade laboral e a deslocalización do traballo son aspectos que para Spaces axudan a rendir máis nesta época do ano.


O mes de xullo é para gran parte das empresas o inicio da ansiada xornada intensiva. O que para moitos é un período no que aproveitar as tardes de verán, para outros supón unha fonte adicional de estrés. Isto débese a que, xunto á redución de horas presenciais na oficina, se suma o comezo das vacacións de parte do cadro de persoal, coa consecuente limitación de equipos e de horas, pero non así de traballo. Por iso, a compañía especialista en contornas de traballo Spaces identificou cinco claves que axudan a aumentar o rendemento laboral, ao tempo que se consegue unha maior motivación dos empregados e unha contorna de traballo máis agradable:

Coidar a alimentación. Un estudo da Organización Mundial da Saúde asegura que a saúde física dos traballadores incide directamente na súa produtividade, e que unha boa alimentación pode supoñer un incremento de ata un 20% na produtividade dos empregados. Cómpre, por tanto, apostar por unha alimentación equilibrada, nutritiva e natural .

Contorna agradable. O deseño das contornas de traballo flexible ten que estar centrado en ofrecer espazos dinámicos, atractivos e totalmente preparados para o traballo. Neles o deseño e a comodidade conxúganse para que a xornada laboral sexa produtiva e amena a partes iguais.

Fomentar as relacións interpersonais. Máis alá do traballo diario, conectar cos nosos compañeiros de oficina é esencial para fomentar a creatividade e a produtividade. Por iso os espazos de traballo deben concebirse para fomentar a comunidade e contar con lugares comúns nos que relacionarse dunha forma distendida e amena. Nos business clubs organízanse tamén charlas, talleres e actividades diversas orientadas a que os membros da comunidade se coñezan mellor e amplíen a súa rede de contactos.

Equilibro entre vida laboral e familiar. A flexibilidade laboral é clave para mellorar o rendemento dos traballadores. Acadar un equilibro entre o traballo e a vida persoal motiva aos empregados, de feito, segundo un estudo global de IWG, o 80% dos empregados rexeitaría un traballo que non incluíse a opción de traballo flexible, e o 65% das compañías entrevistadas asegura que as opcións de traballo flexible se traducen nunha maior produtividade dos empregados.

Deslocalización do traballo. Atrás quedou a época no que o traballo estaba ligado a unha única oficina e cidade. Hoxe as fronteiras difumínanse grazas a unha extensa rede de oficinas 100% preparadas para calquera necesidade laboral, que permiten que alá onde vaia o profesional teña un espazo preparado para traballar. Unha solución perfecta para combinar, por exemplo, vacacións con ratos puntuais de traballo en caso de necesidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)