Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Mulleres e nais de entre 35 e 55 anos, o perfil emprendedor no sector artesán online



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XULLO DE 2019 · (0)



Medra a xente que decídese a iniciar un negocio online vendendo produtos feitos a man. Na internet o volume de operacións aumentou e, como destaca Eva Pijuan, experta en márketing dixital handmade, “trátase de proxectos que non necesitan un gran investimento e permiten traballar desde casa cunha xornada flexible”.


O sector artesán español conta cunhas 40.000 empresas que empregan a máis de 100.000 persoas e que representan en torno ao 2,4% do PIB industrial. O paro favoreceu novas iniciativas empresariais entre os artesáns, básicamente negocios dixitais a través de Instagram, Etsy, páxinas web ou Facebook. "Moitas das mulleres que empezan un negocio deste tipo fano por paixón e mesmo por terapia. Despois, fanse autónomas e dedícanse totalmente".

A directora do curso online Fórmula Lanza, Eva Pijuan, destaca que son proxectos que achegan flexibilidade e un camiño para emprender como artesán. Nestes últimos anos puxéronse cada vez máis de moda os produtos sobre todo personalizados, feitos a man. O perfil emprendedor destes negocios é nun 95%, mulleres e nais de entre 35 e 55 anos que lles gustaría ter un segundo proxecto, á parte do traballo principal, e ir xerando ingresos. “Emprender no medio online con produtos handmade permite traballar desde casa, facer algo que realmente che gusta e, ademais, xerar ingresos que poden ir en aumento se se planifica ben a estratexia” comenta Pijuan.

Os mobles de madeira lideran o ranking

Son o produto que máis presenza ten, son o 41% do mercado. En segundo lugar, estaría o téxtil, co 15% e a xoiería co 11%. “Os produtos que están a ter moita demanda nos últimos anos son os relacionados co mundo do bebé: bolsas, mochilas,  almohadones… todo feito a man”. E polo que se refire ás rexións nas que se concreta máis actividade, Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana e Madrid lideran o ranking.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)