Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O número de xogadores de casino ‘online’ medra un 25% no que vai de ano



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XULLO DE 2019 · (0)



Un estudo de casinobonos.es pon de relevo que o 82% dos que xogan ten menos de 45 anos e que os madrileños, os andaluces, os valencianos e os catelán-manchegos son os máis activos nestes casinos.


Cada vez máis persoas buscan todo tipo de diversión e ocio a través dos seus smartphones e tablets: películas e series, citas, libros, xogos…, pero ultimamente un dos entretenementos que máis de moda está son os casinos online. Quedou bastante atrás a época na que un ía ao casino non para xogar un rato, senón a gozar dun gran buffet con comidas e bebidas a un prezo moi económico, vestidos coas mellores galas e como unha maneira de relacionarse con xente glamurosa e de diñeiro. Hoxe en día, o crecemento dos casinos online fixo que moitos xogadores vexan como unha vantaxe poder apostar onde queran e cando queran sen necesidade de ter que visitar un espazo físico, cun acceso cada día máis rápido e con medios de pago máis seguros. Segundo este estudo da web de casinos online, máis de millón e medio de persoas xa participaron nestes xogos nos seis primeiros meses do ano, o que representa un medre do 25% respecto ao mesmo período de 2018.

O estudo indica ademais que o perfil do xogador en España está cambiando, deixando lonxe o prototipo que había antigamente nos casinos físicos de home de máis de 40 anos cun estatus social medio-alto, e a mentalidade de que unha muller era mal vista se xogaba. Actualmente cada vez son máis as mulleres que se animan a probar este tipo de ocio e os que participan son cada día máis novos. Segundo os datos que manexa este portal sobre os seus casinos asociados, os homes representan un 62% dos xogadores por un 38% de mulleres, e elas prefiren as tragaperras e eles a ruleta e os xogos de cartas (Blackjack, Baccarat e Póker):

Ruleta: 63% homes – 37% mulleres
Blackjack: 61% homes – 39% mulleres
Tragaperras: 56% homes – 44% mulleres
Póker: 69% homes – 31% mulleres
Baccarat: 61% homes – 39% mulleres

Tamén se detecta que os xogadores en España cada vez son máis novos, xa que un 82% deles ten menos de 45 anos. Incluso destaca o crecemento dos que teñen menos anos: un 26% do total non ten máis de 25 anos.

18-25 a
nos: 26,2%
26-35 a
nos: 32,8%
36-45 a
nos: 23,4%
46-55 a
nos: 9,7%
56-65 a
nos: 4,7%
+ 65 años: 3,2%

Por comunidades autónomas, as de Madrid, Andalucía, Cataluña, Valencia, Castela-A Mancha e Baleares son as que máis xogan aos casinos online, mentres que Estremadura, Navarra, A Rioxa, Asturias e Cantabria son as que menos. Nesta clasificación Galicia atópase na metade da táboa, na novena posición.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)