Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Cámara de Comercio da Coruña pecha 2018 cun superávit de 145.000 euros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XULLO DE 2019 · (0)



Supón un 5% sobre o gasto realizado, que se incrementou nun 15%. A entidade coruñesa encadea 48 anos consecutivos con superávit subindo ademais no pasado exercicio os ingresos nun 4,4%. Tamén anuncia que non ten débeda financeira “nin de ningún outro tipo".


Máis de 1.000 empresas e emprendedores beneficiáronse de axudas europeas a través dos programas camerais, que facilitaron axudas directas a empresas para innovación e novas tecnoloxías por 700.000€. Para a internacionalización alcanzaron os 750.000€ e preto de 1 millón de euros foron a programas de apoio á creación de emprego.

En comercio exterior, contou cun orzamento de máis de 600.000 € para apoiar a internacionalización das empresas galegas, a través de diferentes programas, como o  Foexga desenvolto co IGAPE, ou os programas Plan Internacional Promoción, Xpande e  Xpande Dixital. A Cámara organizou 25 accións de promoción internacional, entre misións e feiras profesionais nas que participaron 233 empresas. Así mesmo, organizou en 2018 a quinta edición de  Exporpymes, unha feira que, cun orzamento de 150.000€, repetiu o éxito dos anos anteriores e revelouse como unha valiosa ferramenta para as 200 empresas exportadoras que estiveron presentes.

A través do Programa Integral de  Cualificación e Emprego (PICE), orientado a menores de 30 anos que non estudan nin traballan, formáronse 643 mozos, e facilitou 80 axudas á contratación de mozas a xornada completa durante un mínimo de seis meses por valor de 396.000€. Tamén no marco do PICE a entidade cameral organizou dúas Feiras de Emprego que puxeron en contacto a uns 1.000 mozos demandantes de emprego cunhas 125 empresas ofertantes, unhas actuacións que contaron cun orzamento total de 170.000€. Foron máis de 1.800 as persoas que asistiron a actividades formativas xerais e de capacitación e no relativo a cursos, xornadas, seminarios e talleres 910 empresas recibiron formación a través de 66 actividades .

Innovar

Destinou 595.000 € a programas de fomento da incorporación de innovación e TIC nos que participaron preto dun centenar de empresa e a Cámara puxo en marcha plans específicos para fomentar a competitividade do pequeno comercio e o sector turístico cun orzamento de 139.000€. A través do Programa España Emprende atendeu a 144 usuarios e o Programa Paem puxo o foco no emprendemento feminino, rexistrou o pasado ano 247 usuarias e tivo como froito a creación de 59 empresas. Finalmente a Cámara impartiu xornadas de fomento do espírito emprendedor en centros escolares nas que participaron uns 95 alumnos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)