Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 15.000 persoas asisten ao “III Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE XULLO DE 2019 · (0)



Foron tres días nos que o numeroso público puido gozar dos viños da Ribeira Sacra dun xeito diferente. Xentes vidas de toda Galicia, España e o estranxeiro conversaban cos representantes das 25 adegas presentes mentres degustaban os seus viños.


Eran as 14.00 horas e, como xa é tradición, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense situábase sobre a pasarela do río Cabe. Gaitas, tambores e bombos anunciaban a fin dunha exitosa terceira edición do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte”, para posteriormente continuar tocando mentres camiñaban ao longo do Paseo do Malecón e rendir unha cálida homenaxe ás 25 adegas da viticultura heroica presentes.

O Festival do Viño é un espazo de unión e de paz onde compartir un viño, unha historia ou unha emoción, a que adegueiros e viticultores transmitiron os días 5, 6 e 7 de xullo aos is de 15.000 visitantes que acudiron a degustar os seus viños. Entre o son da auga, do vento sobre as follas das árbores e dos grilos, escoitábase falar en todo o Malecón sobre o coidado que reciben as cepas, do meco e o agarimo que se pon no coidado de cada acio, en como o froito se recolle e se traslada á adega, en como os viticultores se imaxinan ou soñan co viño que pretenden conseguir e todo o sacrificio que iso conleva, conscientes de que non sería posible sen a paixón e o amor pola súa terra, polas súas raíces, coñecedores da súa propia historia e tradición que non lles impide mirar ao futuro con determinación e sen medo.

Eles imaxinárono e non desistiron nunca no seu empeño. Saben que se o intentan unha e outra vez e non se deteñen, o acabarán logrando. O Festival do Viño é unha boa mostra diso e a cidade do Cabe é ese lugar de encontro e de unión onde todo conflúe e Monforte, a verdadeira capital dos viños da Ribeira Sacra.

O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte volverá o ano que vén pero antes aínda queda unha vendima por diante. Os viticultores alpinistas seguirán loitando para superar as constantes adversidades que implica unha orografía dificultosa, de vertixe, ou unhas condicións climáticas cambiantes, que deberán vencer outro ano máis para volver o que vén ao Paseo do Malecón e poder ofrecer aos miles de visitantes que acudan á cuarta edición unha nova historia que contar duns viños que son moito máis que viño.

Terceira edición

A cantante monfortina e intérprete de violoncellista Rosa Cedrón interveu no acto de inauguración como madriña nesta edición de 2019, cun discurso emotivo lembrando ao seu avó recentemente falecido e rematou a súa intervención desexando unha longa vida ao festival, demostrando que a unión fai a forza e que isto sexa o comezo dalgo moitísimo máis grande que perdure no tempo. Durante estes tres días, o viño foi o verdadeiro protagonista, pero tampouco faltaron as actuacións musicais, degustacións gastronómicas, actividades infans, mostras de artesanía ou rutas turísticas.

As Viño Rutas trasladaron ao visitante ao lugar de orixe onde nace o froito heroico e descubriron navegando, entre outras cousas, os encantos dos ríos que bañan as vertixinosas ladeiras do Miño o do Sil. Unha experiencia única para sentir a vertixe do que moitos chaman “viticultura heroica”. A noite do venres e sábado, a Praza de España acolleu tres actuacións musicais con propostas que ían dende a danza tradicional contemporánea ao rock, pop ou folk, enchendo o corazón da cidade do Cabe. O domingo ao mediodía clausurose esta terceira edición coa tradicional actuación da Real Banda de Gaitas de Ourense, dirixida polo fundador e director Xosé Lois Foxo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)