Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Colexio de Podólogos de Galicia estrea nova Xunta de Goberno



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XULLO DE 2019 · (0)



Presidida por Juan Dios Tomé, márcase como obxectivos loitar contra o intrusismo, acadar unha maior concienciación social da profesión e retomar as negociacións para lograr a inclusión do podólogo no Servizo Galego de Saúde.


O Colexio de Podólogos de Galicia (Copoga) vén de presentar a súa nova Xunta de Goberno, que tomou posesión dos seus cargos na sede da institución en Santiago de Compostela. O equipo de goberno está composto polo seu presidente, Juan Dios Tomé (Vigo, 1978); a vicepresidenta, Rocío Dono Gago (Santiago, 1984); a tesoureira, Celia Sieiro Rodríguez (O Carballiño, 1982); a secretaria, Cristina Fernández Espiño (Lugo, 1994), e os vogais, Gonzalo Barros García (A Coruña, 1979) e Martín Veiga Jalda (Moaña, 1986). Os cargos veñen de ser elixidos tras convocarse as eleccións o pasado mes de maio e, tras agotarse os prazos, foi procloamada electa a única candidatura presentada.

No acto de traspaso de poderesreuníronse a xunta de goberno saínte e a entrante para oficializar a toma de posesión, e o ex presidente, Borja Pérez Serrano, sinalou que durante a última lexislatura de 2015-2019 se impulsou a transformación do colexio a nivel organizacional para mellorar o seu funcionamento, contribuír á visibilización dos profesionais da podoloxía e achegar a profesión aos cidadáns, e ofrecer servizos de calidade aos colexiados, principalmente no relacionado coa oferta formativa e o posicionamiento institucional. Ademais, Pérez Serrano indicou que nos últimos anos o colexio asumiu unha reforma tecnolóxica coa plataforma web, o Código de Verificacion Electrónica (CVE), o programa receta fácil e recentemente o blog e a aplicación web que facilita os trámites aos colexiados. “Foron nove anos de intenso traballo, con numerosos actos, reunións e actividades, que esperamos que desenvolvesen a inercia suficiente para que a nova xunta continúe e incremente esa actividade en pro da profesión. Desexámoslles o maior dos éxitos”, destacou.

A nova Xunta de Goberno, que exercerá as súas funcións asta xullo de 2023, comprométese a representar e defender os intereses da profesión, loitar contra o intrusismo e achegar a figura do podólogo e as súas competencias á poboación para procurar unha maior concienciación social da podoloxía. En concreto, o Colexio de Podólogos de Galicia ten entre as súas funcións o labor de velar pola ética profesional, organizar actividades, ofrecer servizos de carácter profesional de interese para os colexiados, e programar formación continuada de calidade, congresos, conferencias e xornadas para estimular o perfeccionamento técnico, científico e humanístico da profesión.

Outros obxectivos

A entidade tamén se centrará en a través de convenios coa Universidade da Coruña, institución pública á que fomentar as relacións con outros profesionais do ámbito sanitario, así como estreitar lazos co eido ámbito académicopertence a Facultade de Podoloxía do Campus de Ferrol, para favorecer as saídas profesionais dos novos graduados en Podoloxía.

Segundo explicou o novo presidente, unha das apostas do colexio para esta nova lexislatura é retomar as negociacións para acadar a inclusión do podólogo no Servizo Galego de Saúde (Sergas), tras os primeiros pasos destes últimos anos nos que se conseguiu que a Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia aprobase un texto que instaba á Xunta a demandar ao Goberno de España que inclúa a podoloxía na Carteira Básica do Sistema Nacional de Saúde, dotándoa dun financiamento xusto e necesario para a súa posta en marcha e desenvolvemento. Ademais, a xunta saínte se reuniu en diversas ocasións coa Consellería de Sanidade para procurar “a plena inclusión no Sergas”, co obxecto de garantir o acceso universal da poboación aos servizos de podoloxía para mellorar a calidade asistencial e evitar a aparición de complicacións en grupos de risco, como os diabéticos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)