Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Preocupación pola concentración auditora nas grandes firmas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 17 DE XULLO DE 2019 · (0)



Os economistas auditores afirman que entre as causas que o explican están unha regulación cada vez máis restritiva. Está á baixa a figura do auditor “individual”, cuxo número diminuíu en tan só un ano nun 8%. “Seguimos constatando unha preocupante concentración do sector nas grandes firmas de auditoría, en especial do  oligopolio formado polas  Big-4”.


Estas firmas acumulan preto de dous terzos do emprego e case o 70% da facturación xerada neste período. A concentración, xunto co prezo da hora facturada que está por baixo de 65 euros/hora e sitúase en niveis similares aos anos previos ao comezo da crise, “son factores que minguan o desenvolvemento sustentable do sector e que afectan directamente á capacidade que teñen os despachos de menor dimensión para exercer a actividade de forma competitiva e eficiente” explica o Servizo de Estudos do REA Auditores do Consello Xeral de Economistas.

Este Servizo de Estudos do REA analizu os datos recolleitos no estudo do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas publicou sobre a situación da auditoría en España. O  ICAC non recolle grandes variacións no mundo da  auditoria do noso país neste último período (1 de outubro 2017 ao 30 de setembro 2018) en canto ao número de sociedades e persoas físicas. En canto ao epígrafe da facturación, a pesar de reducirse nun 8% o número de auditores a título individual a facturación media, incrementouse nun 9%; e en canto ás sociedades a facturación aumentou nun 4%.

Ollo ás concentracións

Moitos países están a dedicar atención ao tema da concentración do sector como Reino Unido, onde o regulador da competencia publicou un informe propoñendo ao Goberno que introduza novas regulacións para favorecer a competencia do sector e gañar en efectividade. O presidente de CMA, Andrew Tyrie, recollendo as recomendacións doutros tres informes separados que recibira, afirmou que as conclusións de todos eles eran parecidas, e que é necesario regular para evitar conflitos de intereses entre as actividades de auditoría e consultoría. O Reino Unido non pode permitirse confiar en que só catro empresas  auditen as compañías máis grandes da Gran Bretaña por máis tempo. En opinión do presidente do REA Auditores, Carlos Puig de  Travy, deberiamos “tomar conciencia desta situación no noso país”. “Esperamos que o regulamento da Lei de Auditoría de Contas axude a mitigar esta situación”.

Outras conclusións que se desprenden do estudo:

‒    O dominio cada vez maior dos auditores que se achan en situación de “non  exercentes”, contorna ao 77% do total de auditores inscritos no  ROAC, porcentaxe este que non parou de crecer no últimos dez anos.

‒    A caída do número de empregos nos pequenos e medianos despachos de auditoría, que pasan de representar case o 50% do total en anos previos á crise a menos do 40% na actualidade.

‒    E como conclusión xeral: o sector avanza e vaise adaptando ás novas circunstancias de mercado, que esixen como ao resto de sectores. Pero estas adaptacións non se están producindo da maneira máis eficiente posible e prodúcense desaxustes ou mesmo se potencian situacións non desexables, que para palialas requirirán dunha intervención regulatoria.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)