Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Consello da Avogacía Galega elixe presidente a Ramón Jáudenes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XULLO DE 2019 · (0)



Foi elixido no pleno celebrado onte coa participación dos decanos dos sete colexios de Galicia e coa presenza de Victoria Ortega Benito, presidenta do Consello Xeral da Avogacía Española. Os novos cargos foron acordados por unanimidade.


Ramón Jáudenes López de Castro, decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, é licenciado en Dereito pola Universidade de Alcalá de Henares e exerce a profesión desde 1990. En 2011 resultou elixido decano do colexio pontevedrés e, ademais, é membro da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, e secretario xeral do Consello Xeral da Avogacía Española. A partir de agora substitúe a Félix Mondelo Santos ao fronte do Consello da Avogacía Galega.

Nesta reunión do pleno Luis Torres Foira, decano do Colexio de Avogados de Ferrol, foi elixido vicepresidente do Consello da Avogacía Galega, mentres que Pilar López-Guerrero Vázquez, decana do Colexio da Avogacía de Ourense, foi reelixida secretaria-tesoureira. Desta forma, o Pleno do Consello da Avogacía Galega queda configurado do seguinte modo:

Presidente: Ramón Jáudenes López de Castro, decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra.

Vicepresidente: Luis Torres Foira, decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol.

Secretaria-tesoureira: Pilar López-Guerrero Vázquez, decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense.

Vogais: Félix Mondelo Santos, decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo; Augusto Pérez-Cepeda Vila, decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña; Lourdes Carballo Fidalgo, decana do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, e Francisco Rabuñal Mosquera, decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)