Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A constitución de empresas cae un 1,7%



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



De acordo cos datos de Iberinform, en xullo constituíronse en España 7.623 novas compañías, o que supón un 1,7% menos que no mesmo mes de 2018. Nos sete primeiros meses de 2019 rexistráronse 57.705 constitucións, un 3,5% menos que no mesmo período do ano anterior.


O número máis significativo de constitucións rexistrouse na Comunidade de Madrid (23% do total de casos), seguida de Cataluña (20%) e Andalucía (16%). Neste ranking, Galicia aparece na quinta posición co 4% das novas empresas creadas en España, por detrás da Comunidade Valenciana (12%). Respecto ao sector de actividade das compañías constituídas, o de servizos supón o 51% do total seguido de construción (25%) e empresas industriais (6%).

En canto ás disolucións, os datos de Iberinform indican que nos sete primeiros meses de 2019 se rexistraron un total de 21.630 peches de empresas en España, o que supone un lixeiro incremento do 1% respecto ao mesmo período do ano anterior. Se analizamos só os datos relativos ao mes de xullo, o total de empresas disoltas foi de 2.389, un 9,5% máis que o mesmo mes de 2018.

Respecto á localización das compañías, Madrid é a comunidade autónoma onde máis disolucións se declaran (23% do total de casos). Séguenlle Cataluña (20%), Andalucía (11%) e a Comunidade Valenciana (11%). Por sectores, predominan as disolucións de compañías dedicadas a servizos (42% do total), seguidas por empresas de construción (19%) e industria (8%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)