Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha boa alternativa ao plástico



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



Gadis introduce as bolsas de malla reutilizables e de parel reciclado na sección de froitas e verduras co obxectivo de ofrecer alternativas de compra máis sostibles nos seus puntos de venda ubicados en Galicia e Castela e León.


Previamente, la compañía estudou diversas opcións e realizou as probas pertinentes baseándose na prioridade de garantir a seguridade alimentaria e a trazabilidade dos produtos nas seccións de froitas e verduras. Unha das medidas foi a implantación dun innovador sistema de pesado, en maio de 2018, que permite utilizar unha única bolsa para distintas pezas e variedades.

Co obxectivo de promover unha compra máis sostenible, a compañía galega de distribución foi desenvolvendo unha estratexia con outras iniciativas, como a introdución paulatina e xeralizada de bolsas de papel reciclado dende febreiro de 2019 para uso dos clientes de forma gratuíta na sección de froitaría. Outra das opcións que propuxo son as bolsas de malla reutilizables para múltiples usos, que se poden adquirir tamén dende novembro de 2018 nas seccións de froitas e verduras de todos os seus establecementos.

A cadea realizou unha primeira valoración destas tres medidas implementadas nos últimos meses, detectando unha total aceptación por parte dos clientes, aos que atopa cada vez máis sensibilizados coa preservación da contorna e por contribuór a unha maior sostibilidade medioambiental.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)