Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os minoristas de peixe amosan a súa preocupación por unha nova caída das vendas en verán



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Fedepesca, a Federación Nacional de Asociacións Provinciais de Empresarios Detallistas de Peixe e Produtos Conxelados, lembra que o consumo de produtos pesqueiros é fundamental para levar unha dieta saudable e animan a incluír o peixe nas barbacoas estivais.


Tras realizar unha rolda de consultas entre as súas asociacións para testar a percepción dos especialistas de peixe respecto á campaña estival, a federación di non ter boas noticias, e sinala que, aínda que non se obtiveron datos de todas as comunidades autónomas, se podería concluír que se mantiveron as vendas, pero con tendencia á baixa, salvo excepcións. Confírmase pois a tendencia decrecente no consumo pesqueiro dos últimos anos.

Para os compradores de peixe do Porto da Coruña as vendas non foron boas porque houbo menos peixe que outros anos, afectando especialmente á rápida captura da cota de sardiña ibérica, o que impediu a oferta deste produto tan de verán que anima ao resto de vendas. Os produtos estrela foron o xurel, a pixota e a meiga.

Dende Valladolid, os minoristas de peixe apuntan que estiman unha baixada de vendas entre un 10% e un 20% respecto a anos anteriores. Non obstante, destacan como os produtos estrela desta tempada o bonito, as anchoas, os langostinos cocidos e as sardiñas. Do mesmo xeito, dende o País Vasco comunican que as vendas estivais se mantiveron, pero que si se nota que cada mes van diminuíndo. Como máis vendidos destacan o bonito, a pescada e a anchoa.

Pola súa banda, a Rexión de Murcia traslada que na costa a venda foi algo superior que en anos anteriores, pero que no interior descenderon. Na Comunidade Valenciana destacan que as vendas son moi similares ás do ano pasado e como produtos estrela falan do salmón, a pescada, emperador e bacallau. Por último, na Comunidade de Madrid, na capital as vendas foron á baixa, pero se mantiveron estables nos pobos máis próximos á serra. O peixe azul triunfou co bonito, a sardiña, o bocarte e o atún como protagonistas.

Dieta saudable

Dende Fedepesca lembran que os produtos pesqueiros son sabrosos, saudables, fáciles de cocar e asequibles para todos os petos, e afirman que tamén deben estar presentes na nosa dieta de verán, xa que nos achegan nutrientes necesarios para o noso organismo, e especialmente o peixe azul nos achega grandes cantidades de ácidos grasos poliinsaturados Omega-3, que son beneficiosos para a nosa saúde cardiovascular.

Ademais, apuntan que durante o verán podemos gozar de peixe azul de tempada, como por exemplo o atún vermello (ata xuño), o bonito, cuxa tempada se prolonga ata outubro, e unha das favoritas dos españois: a sardiña, entre outros produtos. Apostar polas barbacoas pesqueiras nestas datas é unha boa forma de divertirse comendo peixe. Dende barbacoas de mariscos, como gambóns, langostinos e carabineiros, pasando por peixe á brasa como o rape, a corvina, a robaliza, a dourada e por suposto a sardiña, xa que o verán é o momento ideal para o consumo deste produto.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)