Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Volta ao cole e ás pantallas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Un estudo da Escola de Economía e Ciencia Política de Londres pon de manifesto que os alumnos gañarían unha hora máis de clase á semana se se prohíbe o uso dos móbiles nas aulas.


O verán remata, chega a volta ao cole e con ela o temor de moitos profesores: ver como os seus alumnos miran máis a pantalla dos seus smartphones que o encerado. Esta é unha realidade cada vez máis común nas aulas. De feito, o 14,6% dos alumnos españois admite estar pendente do seu teléfono móbil en clase, segundo destaca un estudo conxunto de BBVA, Google e a FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción).

A isto súmaselle que o 94% dos adolescentes de 15 anos ten smartphone, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE) e, por iso, non é de extrañar que o uso do teléfono móbil nas aulas xere cada vez máis debate. Conscentes desta situación, dende Qustodio analizaron algunhas das razóns e as posibles consecuencias do uso estendido do teléfono móbil en clase:

  • Contexto legal. Polo momento non existen leis estatais nin autonómicas que regulen o uso de smartphones nas aulas en España, é dicir, cada centro educativo decide a súa propia regulación neste sentido. Aínda así, a situación é tan alarmante que o Goberno anunciou o pasado curso que estudaría a posible prohibición por lei do seu uso nos colexios seguindo o exemplo de Francia, o único país da nosa contorna que seguiu este camiño.

  • Aulas conectadas. Nos últimos anos, a educación no noso país evolucionou ata incorporar o uso das novas tecnoloxías dentro das clases. Tanto é así que un estudo da Comisión Europea os sitúa entre os centros que máis apostan pola inclusión das TIC, cun ordenador para cada tres alumnos. Ademais, o 95% das aulas dispón de conexión a Internet, segundo os últimos datos do Ministerio de Educación.

  • Cambios no rendemento escolar. A conexión permanente e a gran variedade de aplicacións que ofrecen os smartphones fan que moitos alumnos se distraian en clase, o que repercute negativamente nas súas calificacións, sobre todo se se trata daqueles con baixo rendemento. Así o demostrou un estudo da Escola de Economía e Ciencia Política de Londres, que destaca que os alumnos gañarían unha hora de clase adicional á semana se se prohíbe o teléfono móbil nas aulas, conseguindo así un incremento das calificacións destes alumnos nun 6,4%.

  • Sedentarismo no recreo. O uso intensivo do smartphone non só se pode ver dentro das aulas, tamén no patio. É máis, a OMS alerta de que só o 39% dos nenos e o 24% das nenas de entre 11 e 12 anos realiza a actividade física diaria recomendada, na que se inclúe xogar no recreo.

  • Malas relacións entre alumnos. O feito de que a maioría dos alumnos leveo seu teléfono ás clases pode ser fonte de roces entre eles, incluso a continuación do acoso escolar a través do ciberbullying en horario escolar. De feito, is dun de cada tres casos de bullying son por ciberacoso, segundo advirte a Fundación ANAR.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)