Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Coñecer ben os mercados antes de saír



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



20 empresas de diferentes sectores asistiron a unha nova cita de "Os mércores de Zona Franca”, que onte centrouse en explicar as oportunidades de negocio en Perú e Colombia para as pemes galegas, moi intereresadas polos mercados latinoamericanos. Coñeceron a experiencia de empresas e a asesoría de consultoras.


O relatorio da mañá central correu a cargo de Gema Moguer, consultora especialista en comercio exterior da empresa Ópera Global Business, e de Pablo Vila, socio de Ópera e consultor de  VSV especializado nos mercados de Perú e Colombia. E apoiouse no testemuño directo e na experiencia nestes mercados das empresas “Adegas  Valmiñor” e  ICEACSA. A próxima xornada celebrarase tamén no  CZFV en Bouzas o próximo 18 de setembro e terá como obxecto o mercado de India.

O mercado de Perú, a pesar do seu limitado tamaño, mantén estreitas relacións comerciais coa UE, China e Estados Unidos ou que resulta de especial interese estratéxico. E o mercado colombiano, rico en recursos naturais grazas ás súas condicións climáticas e extensión, posiciónase como terceira potencia económica de Latinoamérica, definindo unha rexión de gran potencial económico.

A xornada comezou coa benvida aos asistentes por parte de Débora Ramonde, Directora de Internacionalización do  CZFV, que ademais de presentar o proxecto onde se encadra a xornada aproveitou para informar doutros proxectos de internacionalización do Consorcio como é o caso de ViaExterior, que xa vai pola súa terceira edición e que cuxa xornada inaugural celebrarase o vindeiro venres 13 de setembro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)