Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Chega a España o préstamo privado a estudantes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



StudentFinance prioriza financiar prioritariamente educación tecnolóxica, malia que non só. O sistema baséase nun Acordo de Ingresos Compartidos: a compañía asume o custo dos cursos e os estudantes comezan a pagar cando o seu soldo supera un mínimo.


A startup trae a España por primeira vez esta alternativa financeira que segue o modelo ISA (Income Share Agreements), procedente de Estados Unidos. Mariano Kostelec, fundador e CEO de StudentFinance. com, explica que “os pagos mensuais axústanse aos ingresos polo que os estudantes pagarán de maneira proporcional ao soldo. Ademais, o limiar mínimo garante que ata que non se alcance esa cifra o alumno non terá que pagar nada”.

Déixase de pagar unha vez completouse o número de pagos requiridos, acadouse o pago máximo ou expirou o período total do contrato. A empresa, ademais, afirma que asinou acordos con programas educativos centrados en habilidades dixitais "e con empresas do sector tecnolóxico" para facilitar eses empregos.

O modelo de análise de risco céntrase no potencial do estudante, a calidade do programa educativo e a demanda do mercado laboral. A diferenza das solucións tradicionais de financiamento que se enfocan no historial financeiro do estudante ou en garantías de terceiros, como a dos pais. Os Acordos de Ingresos Compartidos son un concepto estendido e usado noutros países que reclaman a atención sobre o futuro laboral, especialmente EEUU. Esta empresa quere agora asentar este modelo en Europa apoiando aos estudantes con coaching profesional.

Segundo a Unión Europea en 2020 haberá 900.000 postos sen ocupar relacionados con perfís tecnolóxicos a nivel europeo, e en España esta cifra sitúase en máis de 100.000. Para xerar máis perfís como enxeñeiros de software, analistas de datos e expertos en  ciberseguridade chega este concepto de financiamento educativo, un sistema que axudará non só a estudantes de habilidades tecnolóxicas, tamén a persoas que non poden ampliar estudos por falta de financiamento debido ao custo. “A nosa misión é apoiar ás persoas que queiran alcanzar carreiras de alto impacto ou reciclarse a través de programas educativos adaptados ás competencias do mercado na nova economía dixital”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)