Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Arrinca o Festival da Luz con máis de 550.000 euros recadados para causas solidarias



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Luz Casal regresa a Boimorto na recta final da súa xira “Que corra el aire” para un festival que se celebra dende hoxe ata o domingo, no que estará acompañada por máis de 30 grupos nacionais e internacionais enchendo de música e gastronomía os campos deste municipio coruñés.


Este ano volve ao seu escario a anfitriona. Luz actuará mañá no escenario principal, onde xa actuara na primeira edición e non volvera facelo. Na recta final da súa xira “Que corra o aire”, con 90 datas ás súas costas, non podía deixar de pasar pola súa casa. O festival, como sempre, segue fiel á súa filosofía de dar cabida a todos os estilos posibles, cumprindo así o seu cometido de achegar as diferentes músicas a todo o mundo, nun ambiente familiar onde se mesturarán artistas como Cepeda, Egon Soda, Celtas Cortos, Orquesta Mondragón, Rayden, Cariño, GusGus, Molina Molina, Mikel Erentxun ou Amparanoia.

A música complétase cun amplo programa de actividades, zona Infantil, carpa de artes escénicas, o Gastroespazo Mahou con produtos locais e iniciativas sostibles, mercado de artesanía, áreas expositivas, charlas e iniciativas relacionadas co sector musical, carreira popular (inscripcións esgotadas), e moitas novedades.

Coa nova incorporación de CaixaBank como colaborador del evento, ponse pone en marcha a iniciativa CaixaBank Rural Emprende, que repartirá 9.000 euros en premios a proxectos que propoñan unha mellora á contribución de actividades e accións con implementación no medio rural galego.

Toda esta programación lévase a cabo na finca natal de Luz Casal, que impulsa a cita musical en medio de grandes extensións de millo e prados gandeiros. A cantante iniciou hai oito anos este proxecto solidario co que xa se conseguiu repartir máis de 550.000 euros a diferentes causas solidarias de todo o territorio. Este ano a recadación repartirase entre as asociacións Anxiños e Asanog.

Accións solidarias

Á marxe de CaixaBank, a Obra Social “la Caixa” embárcase tamén no Festival da Luz implicándose nas accións solidarias coas que colaborará este ano. A asociación Anxiños, que dende o ano pasado conta cunha casa na Baña para axudar á recuperación e integración de nenos e adolescentes con trastornos mentais graves, destinará os fondos para a contratación de persoal profesional de atención de forma continuada.

Pola súa banda, Asanog, que dende 2012 contribúe en Galicia ao mellor estado dos nenos oncolóxicos e os seus familiares, empregará os recursos no programa psicosocial co fin de garantir que todos os mozos con cancro desta comunidade autónoma dispoñan da mellor calidade de vida posible durante todas as fases da enfermidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)