Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A constitución de empresas cae un 8,2%



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



En agosto constituíronse en España 5.699 novas compañías, o que supón un 8,2% menos que no mesmo mes de 2018. O 4% desas sociedades foron creadas en Galicia, a quinta comunidade autónoma con máis constitucións.


De acordo cos datos de Iberinform, nos oito primeiros meses de 2019 rexistrouse un total de 63.404 constitucións de novas empresas, un 4% menos que no mesmo período do ano anterior. O número máis significativo de constitucións rexistrouse en Madrid (23% do total de casos), seguida de Cataluña (19%) e Andalucía (16%) A continuación sitúanse a Comunidade Valenciana (13%) e Galicia (4%). Respecto ao sector de actividade das empresas constituídas, servizos supón o 51% do total seguido, de construción (25%) e empresas industriais (6%).

Segundo este estudo, nos sete primeiros meses de 2019 rexistrouse un total de 23.630 disolucións de empresas en España, o que supón un lixeiro incremento do 0,8% respecto ao mesmo período do ano anterior. Se analizamos só os datos relativos ao mes de xullo, o total de empresas disoltas foi de 1.984, un 1,5% menos que o mesmo mes de 2018.

Respecto á localización das compañías, Madrid é a comunidade autónoma onde máis disolucións se declaran (23% do total de casos). Séguenlle Cataluña (21%), Andalucía (11%) e a Comunidade Valenciana (11%). Por sectores, predominan as disolucións de compañías adicadas a servizos (50% do total), seguidas por empresas de construción (22%) e industria (10%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)