Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Canto aforramos mercando coches de segunda man?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Elixir un vehículo con 4 anos de antigüidade pode supoñer, de media, un aforro superior ao 30% respecto ao mesmo modelo novo. Pero se o coche cumpriu os 5 anos, o prezo pode baixar ata un 40%.


O aforro nos coches de segunda man é a crave á hora de decantarse por mercar novo ou usado. Pero… a canto ascende? O equipo de Coches.com fixo un estudo para taxalo nos modelos máis vendidos no primeiro semestre deste 2019. O líder en vendas, o Seat León, baixa o seu prezo un 30% aos 4 anos e un 35% polo seu quinto aniversario. Un novo custa uns 16.967 euros, e un de 2015 pode atoparse por 12.000 euros. O aforro máis notable: o Ford Focus.

Este modelo dos 17.061 euros que vale novo á metade, 8.220 euros, con 4 anos e un aforro de máis do 61%, 6.580 euros, con 5 anos. O portal sumou o prezo en man de cada modelo, os gastos de matriculación e a marxe do concesionario; ao que restou as ofertas das distintas marcas por campaña.

No lado oposto da táboa o modelo que sofre menos depreciación pero o segundo máis vendido no que vai de ano é o Dacia Sandero. Este coche novo vale 9.174 euros, con 4 anos queda en 8.300 euros (unha baixada inferior ao 10%) e polo seu quinto aniversario baixa a 7.630 euros, cun aforro que roza o 17%. “Estas diferenzas de depreciación entre os distintos modelos débese ás políticas comerciais das distintas marcas. Os descontos e baixadas de prezo débense a factores como a actualización do modelo, un próximo  restyling, os movementos da competencia… Mentres Dacia non fai descontos, o Ford Focus acaba de estrear a súa cuarta xeración; ambas as políticas inflúen directamente no prezo do vehículo usado e a súa idade”, explica  Nuño López, Director de Marketing e Produto de Coches.com.

O Top5 dos modelos con máis aforro ao cumprir os 4 anos son o Ford Focus (-51,85%),  o  Toyota  Yaris (-41,15%), o Opel Corsa (-41,07%), o Seat Ibiza (-37,88%) e o Fiat 500 (-37,86%). Ao cumprir os 5 anos, as porcentaxes cambian. Segue liderando a lista o Focus (-61,43%), seguido do Corsa (-50,17%), o Toyota Yaris (-46,91%), o Peugeot 3008 (-45,09%) e o Renault Megane (-44,49%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)