Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O prezo da vivenda usada en España medra un 7,05% pero con matices



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Madrid e Barcelona deixan de situarse á cabeza con subas menos significativas, o que amosa dúas velocidades do mercado inmobiliario. As dúas dan paso a un estancamento, mentres as cidades máis pequenas presentan as variacións máis altas, ningunha galega.


Os seis primeiros meses de 2019 colocan o metro cadrado a nivel nacional en 2.363€. Barcelona presenta certa estabilidade cunha subida mínima do 1,3% (3.190€), e a variación interanual de Madrid pasou do 16,6% ao 8,5% e amosa prezos que se manteñen e co metro cadrado a 2.720€.

Lázaro Cubero, director do Departamento de Análise e Informes (DAI) do Grupo Tecnocasa, explica que “estamos nun momento no que o sector inmobiliario vive a dúas velocidades, con poboacións que están a recuperar aínda o prezo perdido durante a crise e outras que presentan síntomas de esgotamento”. Cubero tamén destacou que temos prezos a niveis de 2010 e tipos de interese baixos: no primeiro semestre deste ano, o interese medio aplicado ás novas hipotecas foi do 2,2%. Con todo, “é importante filtrar ben e seleccionar aquelas vivendas que se atopan a prezo real de mercado’’ xa que, a miúdo o prezo de oferta non está en consonancia coa realidade da zona. Por exemplo, os inmobles ofertados por particulares están sobrevalorados un 19% por encima do prezo de saída recomendado.

Destacan, polo demais, as subas en cidades como Málaga, Alcalá de Henares, Móstoles ou Valencia, que superan os dous díxitos porcentuais. Ninguna cidade galega ten estas subas. Todos os datos despréndese do XXIX Informe sobre o mercado da vivenda, estudo esemestral de Tecnocasa e a Universidade Pompeu Fabra, cuxa última edición foi presentada esta mañá nas instalacións da UPF en Barcelona. O informe realízase con datos reais das operacións intermediadas por Tecnocasa, coas compravendas intermediadas polas oficinas  e os préstamos intermediados por  Kìron, a empresa de intermediación en servizos financeiros. É o único estudo que traballa con prezos reais de compravendas finalizadas.

Se analizamos esto, a capital catalana segue sendo a poboación co metro cadrado máis alto, 3.190€. Séguelle Madrid, cun prezo de 2.720€/m².

Menos investidores

A porcentaxe de investidores que compran unha vivenda para poñela no mercado do aluguer vai en diminución nos dous últimos anos. Barcelona, onde a presenza sempre foi importante, é na actualidade a cidade cun menor volume deste tipo de comprador (23,8%). Os investidores prefiren agora Madrid (30,24%), Valencia (35,64%) ou a periferia de Barcelona, con L’Hospitalet de Llobregat (36,84%) á cabeza.

A hipoteca media sitúase no primeiro semestre de 2019 en 115.646 euros, un 7,9% máis. Paolo Boarini, Conselleiro Delegado de Tecnocasa, analizou varios indicadores. A cota mensual da hipoteca queda no primeiro semestre de 2019 en 459 €/mes. Unha cota contrasta coa alcanzada no momento máis alto, segundo semestre de 2007 de 976 €/mes.  Polo demais o 84,4% das hipotecas foron concedidas a persoas cun contrato laboral indefinido, sendo o prazo de amortización máis común a 30 anos (56%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)