Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Paradores segue a medrar



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



A hostaleira pública pecha agosto de 2019 cun aumento dos ingresos mensuais en todos os conceptos: aloxamento, restaurante e bebidas. O importe total das vendas crece un 2,8% respecto de 2018. En Galicia temos Paradores en Vilalba, Santiago, Pontevedra, Baiona, Ferrol (na imaxe), Santo Estevo, Cambados, Ribadeo, Tui, Monterrei, Monforte de Lemos e Verín.


Hai que remontarse ata 2007 para atopar maiores vendas en agosto. As cifras foron igualmente positivas no mes de xullo con mellores resultados que o ano anterior en todas as categorías. As vendas totais aumentaron un 3,3%. O presidente conselleiro-delegado de Paradores, Óscar López, engade que “estamos especialmente satisfeitos pola mellora dos resultados do noso centenar de restaurantes".

Tanto os ingresos como o número de cubertos crecen nun momento no que a competencia no sector da gastronomía é moi forte. "As melloras introducidas nas nosas cartas, a aposta por produtos e receitas locais, así como a diversificación da oferta co lanzamento dunha segunda liña de restaurantes máis informais foron un acerto". López considera que "estes bos números permiten a Paradores afrontar con confianza e seguridade a segunda parte do ano”.

VENDAS AGOSTO

            Aloxamento     Restaurante     Bebidas           Outros  TOTAL

2018    18.488.841      11.145.579      2.653.863        712.714           33.000.997

2019    18.854.832      11.558.386      2.779.340        734.203           33.926.761

90 anos

Paradores cumpriu 90 en 2018. Esta cadea hostaleira pública é un concepto de turismo único no mundo onde a maior parte dos establecementos sitúanse en lugares singulares, como edificios históricos, conventos ou pazos e espazos naturais excepcionais. Traballa para recuperar e soster o patrimonio histórico-artístico co uso turístico dos edificios; alentar desenvolvemento sustentable, promover a gastronomía rexional e promocionar destinos culturais españois cun produto turístico de calidade. Suma un total de 97 establecementos entre España e Portugal (no país veciño con franquía dende 2017), con 1,3 millóns de habitacións/noite e máis de dous millóns de cubertos vendidos en 2018.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)