Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Recoñecemento á contribución ao desenvolvemento industrial sostible



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Cinco empresas galegas recibirán o 27 de setembro os IV Premios Galicia de Industria, un certame organizado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais no que tamén se recoñecerá a traxectoria profesional de Luis Abelleira


O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia, vén de fallar os IV Premios Galicia de Industria, uns galardóns que recoñecen a importante achega de persoas, proxectos, empresas ou entidades ao tecido industrial de Galicia e as súas boas prácticas e contribución ao desenvolvemento industrial da comunidade autónoma.

Nesta cuarta edición, o xurado, composto por profesionais de recoñecido prestixio e presidido polo decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais, Oriol Sarmiento, decidiu premiar o prestixio profesional, as boas prácticas e a contribución ao desenvolvementoo industrial sostenible de Galicia levado a cabo por cinco empresas galegas: Aceites Abril (Ourense), Centro Tecnolóxico da Automoción-CTAG (O Porriño), Norlean (Pontevedra), PCM+n (Lugo) e Xesol Innovation (Vigo). Ademais, se recoñecerá a traxectoria profesional de Luis Abelleira Álvarez.

Estes galardóns entregaranse na gala Noite da Industria, a cita máis importante organizada polo Colexio de Enxeñeiros Industriais, na que se congrega un maior número de profesionais do sector en Galicia. Este ano, a gala terá lugar en Vigo, o próximo 27 de setembro no auditorio de Afundación. Neste encontro participará o alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades.

Os Premios Galicia de Industria son un referente no recoñecemento profesional vinculado ao eido da industria. En edicións anteriores, foron galardonadas empresas como Severino Servicio Móvil, Soltec, a Asociación do Patrimonio Industrial-Buxa (Ames), fábrica de cementos Cosmos, Biomasa Forestal ou Imatia, entre otras muchas entidades.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)