Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Naturgy remata a montaxe dos 54 aeroxeradores dos seis parques que ten en construción en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



A compañía enerxética continúa cos traballos vinculados ás infraestruturas de evacuación e a realización das probas para a posta en servizo dos seis parques eólicos, asociados á última subasta de potencia renovable do Goberno, antes de final de ano.


Os seis proxectos eólicos (Pena Forcada-Catasol II, Mouriños, Monte Tourado-Eixe, Serra do Punago-Vacariza, Monciro e Pastoriza-Rodeiro), sumarán unha potencia de case 200 MW e producirán o consumo eléctrico anual de arredor de 270.000 fogares, equivalente ao de case toda a provincia de Lugo. A posta en marcha destes parques galegos permitirá ademais desprazar o uso doutras fontes de xeración eléctrica convencional, evitando a emisión dunhas 434.000 toneladas de CO2 anualmente á atmósfera e outros gases contaminantes de efecto invernadoiro.

Naturgy instalou en xaneiro deste ano o primeiro aeroxerador dos seis parques eólicos en Pena Forcada-Catasol, situado no municipio coruñés de Laxe, e vén de concluír a montaxe do último dun total de 54 aeroxeradores, no parque eólico de Monciro, nos municipios de Castroverde e Pol, na provincia de Lugo.

A construción destes seis parques eólicos xerou, nas súas distintas fases, uns 500 postos de traballo. Nese sentido, a responsable de desenvolvemento dos proxectos eólicos en Galicia de Naturgy, María Landeira, lembrou que “para a construción, operación e mantemento dos parques, os equipos técnicos da compañía apóianse en gran medida en distintas empresas con persoal de Galicia, con amplo coñecemento do territorio e coa capacidade técnica para traballar incluso nas condicións climatolóxicas máis adversas da montaña de Lugo e da costa galega”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)