Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cae dous puntos a oferta de postgraos en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Na comunidade autónoma só o 3,4% das ofertas de emprego esixe contar cun destes títulos, unha porcentaxe que se reduce en dous puntos porcentuais no último ano. Agora é a oitava rexión onde menos se pide este requisito, cando un ano atrás era a sétima que máis o demandaba nas súas vacantes.


Segundo unha análise realizada por Infoempleo e por Spring Professional, a firma do grupo Adecco especializada en consultoría de selección para mandos intermedios e directivos, á hora de elixir un postgrao, no caso galego, seguen tendo máis peso aqueles de coñecementos específicos de cada materia, xa que o 62% das ofertas que existen para estes títulos así o solicita. Pola súa banda, o coñecido MBA (Master Business and Administration) quédase no 38%.

O estudo indica que en España, en xeral, os estudos de postgrao non son un requisito obrigatorio para optar a un posto de traballo, pero si son un elemento diferenciador na empregabilidade dun candidato. Como en Galicia, neste país só o 3,4% das ofertas de emprego cualificado publicadas sinala como requisito mínimo obrigatorio que os candidatos conten con estudos de postgrao, unha porcentaxe que ascende ata o 35,2% cando este tipo de formación superior pasa a ser considerada un xerador de valor diferencial cara a candidatura.

O rango salarial tamén varía en función do nivel de estudos do traballador. A máis formación máis salario. Por exemplo, un traballador cun máster ou postgrao cobra 12.114 euros máis que outro con estudos básicos.

Por sectores, as empresas vinculadas coa ensinanza e formación son este ano as que máis valoran que os candidatos conten con formación de postgrao, requisito que aparece no 20,8% da súa oferta de emprego (0,9 puntos porcentuais máis que hai un ano). Tras este sector aparecen calidade e medio ambiente (14,9%) e asesoría xurídica (14,5%).

Dentro da categoría de directivos, o postgrao é máis demandado naquelas ofertas dirixidas a director de área educativa (54,3%), a director de desenvolvemento de recursos humanos (46,7%), a directo de medio ambiente (44,8%) e a subdirector xeral (39%). E para a categoría de mandos intermedios, esta titulación é necesaria para optar ao posto de xefe de asesoría fiscal (43,7%), ao de xefe de auditoría (35%), ao de xefe de prevención de riscos laborais (28,7%) e ao de responsable de social media optimization (21,6%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)