Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Apoloxía do mexillón



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Paradores propón para este outubro un plan gastronómico que non ten que ver coas setas: Xornadas do Mexillón Gallego. A segunda edición tras a moi boa acollida da do ano ano pasado. Será nos sete restaurantes dos Paradores galegos máis costeiros –Ribadeo, Ferrol, Cambados, Pontevedra, Tui e Baiona- ademais do de Santiago.


Haberá onde escoller: menús especiais con este marabilloso molusco, todavía moi asequible e presentado en multitude de elaboracións, en total 30 entre todos os restaurantes de Paradores. As xornadas chegan precisamente no mellor momento para consumilo.

Durante as fins de semana de outubro (venres, sábados e domingos en servizo de xantares e ceas) cada establecemento ofrecerá unha carta paralela á habitual que inclúe polo menos seis propostas que teñen como ingrediente principal o Mexillón de Galicia con especialidades tradicionais de cada zona. Unha oferta que, en conxunto, suma 30 receitas deste familiar bivalvo con receitas que van desde o clásico ao vapor ata frito, escabechado, en croqueta, tortilla, tosta, salpicón, empanadas, múltiples salsas e en arroces e guisos.

O mexillón das rías galegas está considerado o mellor do mundo. Galicia é a primeira potencia mundial en cultivo e comercialización deste bivalvo e das súas bateas sae o 40% da produción europea. Esta proposte é un pretexto perfecto para organizar unha escapada gastro en espazos preciosos á beira do mar con garantía de servizo e calidade e na casa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)