Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A sede da Cámara de Santiago trasládase ao Poligono de Costa Vella



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



O Comité Executivo e o Pleno acordaron na sesión celebrada onte na entidade cameral compostelá a reorganización e a optimización de recursos co traslado do persoal e dos servizos da Cámara de Comercio ao Viveiro de Empresas.


A Cámara de Comercio, Industria e Servizos de Santiago de Compostela informa de que reagrupará ao seu persoal no viveiro de empresas que posúe no polígono de Costa Vella, polo que en datas próximas a incubadora, seleccionada como a mellor de España en 2019, 2018 e 2016, converterase na sede única da corporación de dereito público.

A necesidade de reorganizar e optimizar o aproveitamento dos espazos propios e de mellorar os procesos e rutinas de traballo, así como o feito de implantarse no tecido produtivo, procurando igualmente a maior proximidade aos principais accesos da cidade, están na orixe desta reordenación loxística.

Trátase dunha nova formulación estratéxica para beneficiarse de todas as sinerxias, internas e externas, que se derivarán da concentración nun inmoble moderno e innovador, situado na área empresarial compostelá, co fin de lograr unha cámara máis competitiva. Este cambio segue a mesma liña que comezou o pasado 14 de marzo no evento celebrado na Cidade da Cultura e, ao que asistiron máis de 500 empresarios e emprendedores, baixo o lema Estámoslle a dar unha volta á Cámara.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)