Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Comeza a recepción de propostas para o Xacobeo 2021



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Está aberto o procedemento para que entidades públicas e privadas soliciten a inclusión de actividades no programa oficial. A iniciativa xorde coa intención de deseñar un que sexa aberto e participativo.


A Comisión Executiva do Consello Xacobeo é o órgano de cooperación entre a Administración Xeral do Estado e as Comunidades polas que pasan os Camiños de Santiago históricos, e será a que elixa. O Ministerio de Cultura e Deporte vén de habilitar un formulario na categoría de “Cooperación Cultural” dentro da súa sede electrónica para que se remitan as propostas.

Para a inclusión dunha actividade nos plans este organismo terá en conta a súa contribución á celebración do Ano Santo Xacobeo 2021 valorando particularmente: a relación que garda co Camiño de Santiago; a orixinalidade, rigor e relevancia da achega aos  fins da conmemoración e a viabilidade económica da proposta. Todos os proxectos aprobados difundiranse nunha páxina web que está a crear o Consello Xacobeo. Este consello propón convidar ao diálogo, promover o patrimonio como fonte de inspiración para a creación artística contemporánea, impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago e fomentar o coñecemento do patrimonio entre os máis novos.

Primeiras iniciativas aprobadas

A pasada semana a reunión da Comisión Executiva do Consello Xacobeo xa aprobou 25 proxectos: 12 accións para a dinamización cultural do Camiño e a divulgación científica (entre os que se atopan o proxecto Fitos do Camiño, exposicións itinerantes, espectáculos de rúa, Camiño Escena Norte, o festival O Son do Camiño e unha edición especial do festival Terra de Cinema) e 13 proxectos conxuntos para a difusión turística  e a acollida a visitantes e peregrinos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)