Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Gadis recolle produtos de alimentación e hixiene para 33 protectoras de animais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



O apoio foi solicitado por entidades que acollen a máis de 5.000 cans e gatos abandonados en Galicia e Castela León, que medran en número. “Alimenta a amizade” dura ata o 10 de outubro; haberá un espazo en 193 puntos de venda para que quen queira deposite produtos para cubrir necesidades de hixiene e alimentación.


“A petición de apoio foi unánime por parte destas entidades debido á situación que atravesan”, explican dende Gadis. O abandono de animais de compañía crece, e no caso da Comunidade galega elévase a 60 animais abandonados cada día en 2018 segundo a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber. A distribuidora galega afirma que sumará unha achega do 20% do total que doen os clientes nos establecementos das dúas comunidades.

Hai un continuo incremento do número de cans e gatos que son abandonados a diario cun crecemento do 15,79 % con respecto ás aproximacións levadas a cabo en 2017, cando o número de animais abandonados foi duns 19.000 só na Comunidade galega, en maior medida cans. Para a obtención destas cifras, os animalistas  analizaron centos de publicacións en redes sociais, o funcionamento dalgúns centros públicos e o traballo realizado por entidades protectoras, con ou sen refuxio.

De aí que sensibilizar sobre a responsabilidade no coidado das mascotas é outro dos vértices desta acción que coincide co Día Mundial dos Animais o 4 de outubro. Os 5.000 animais están repartidos en instalacións das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; Valladolid, Palencia, León, Salamanca, Ávila e Zamora. Estas son:

 

Provincia

Nombre Asociación

A Coruña

Asociación Anajata

Asociación Axúdanos

Asociación Cometa

Asociación polo Benestar Animal

Asociación Protectora Animales As Mariñas

Cancoruña, Asociación Canina

El Hogar de Wilbur

Gatocan

Gatuchinhos

Micos Nós

O Refuxio de Bando

Pegadas Solidarias As Pontes

Peludos Sin Hogar Negreira

Protectora Moura

Protectora SOS Pelines

Lugo

Sociedad Protectora de Animales y Plantas de Lugo

Gato Pirata

Ayuda alimentaria animalista

Huellas de Sarria

Ourense

Pro Animales Verín

Patrulla Callejera Ourense

Proanimales Carballiño

Progape

Peludines Valdeorras

Pontevedra

Os Palleiros

Bai senpulgas

Refugio de Animales de Cambados

Asociación Protectora de Animales y Plantas de Vigo

Protectora de Vilagarcía

Ávila

Huellas Protectora Ávila

León

Asociación Protectora animales y plantas león

Protectora El Bierzo y Laciana

Palencia

Scooby

Salamanca

Scooby

Valladolid

Scooby

Scooby

Zamora

Scooby

 

 

 

 

   

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
   
 
 
 
   
 
 
 
 
   
 
 
 
 
   
   
 
   
   
   
 
   


Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)