Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un de cada tres españois cre que terá que traballar de vello



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Os homes (39%) e os millennials (43%) son os que máis convencidos están diso, e as razóns que apuntan son a obrigación (48%), para estar física e mentalmente activos (45%) ou para sentirse útiles (32%). Así o indica un estudo elaborado por Cigna, empresa especializada en seguros de saúde.


Segundo os últimos datos recollidos pola Enquisa de Poboación activa, o 18% dos ocupados ten máis de 55 anos, o que supón un incremento do 7% respecto ao ano anterior. Un dato que, en vista do reto demográfico, seguirá aumentando nun futuro, incluso máis alá dos 65 anos de idade. Mesmo entre a poboación española estase extendendo a idea de haberá que traballar durante a vellez, como así o cre o 33% dos españois, xa sexa polas razóns xa apuntadas ou por manterse ocupados de cara á terceira idade (18%) e polo desexo de intercambiar habilidades ou experiencias cos empregados máis novos (13%).

Con este contexto, moitas empresas xa están traballando en estratexias globais de xestión de empregados multixeneracionais, poñendo o foco no benestar dos grupos de maior idade. Sen embargo, os datos da aseguradora amosan que aínda queda moito por facer. Tal e como indican os resultados de Cigna, só un 16% dos españois ve ás empresas dispostas a contratar empregados maiores, e unicamente o 53% dos entrevistados recoñece que lle gustaría traballar con compañeiros desta idade. Os máis dispostos son os millenials (25-34 anos) cun 59% de adeptos. Esta porcentaxe baixa no caso das persoas de entre 35 e 44 anos ata o 56%, no grupo de 45-54 anos (50%) e naqueles que teñen entre 55 e 64 anos (43%).

“O panorama empresarial irase caracterizando cada vez máis por un equipo de traballo multixeneracional. As diferenzas entre cada xeración son perceptibles en distintos aspectos, como na forma de traballar, na maneira de ver a vida, na relación coa tecnoloxía, na facilidade para aprender novos coñecementos ou incluso no valor que se lle dá á experiencia. Por esta razón, será tarefa das empresas xestionar estes equipos multixeneracionais e ofrecer propostas de valor adaptadas, xa non só averiguando as demandas comúns ao conxunto do equipo, senón tamén indagando nas preferencias de cada un dos colectivos e xeracións”, indica Ana Romeo, directora de Recursos Humanos de Cigna. 

Envellecemento activo

Para dar resposta ao reto demográfico, é de vital importancia que as empresas contribúan á súa sostibilidade mediante a prevención e o fomento dun envellecemento activo. Para iso, deberán dotar aos seus empregados dos medios e ferramentas adecuados para mellorar a súa calidade de vida e evitar que a súa saúde física, mental e social se vexa comprometida co aumento de idade.

Para logralo, coñecer as necesidades e preocupacións dos empregados é o primeiro paso. Segundo o estudo, os entrevistados nacionais son bastante positivos con respecto ao futuro da súa saúde, xa que ao 59% non lle preocupa que a súa saúde mental se vexa afectada e o 57% está seguro de que gozará dunha vida saudable e activa cando envelleza.

Sen embargo hai algunhas cuestións que lles inquietan: o 75% dos españois teme sufrir algunha enfermidade ou problema médico. En concreto, o 36% está seguro de que terá que afrontar un deterioro da vista ou problemas oculares, e que a súa mobilidade se verá reducida (25%). Outras enfermidades que tamén preocupan son: hipertensión (20%), doenzas cardiovasculares (19%), osteoporose (16%), demencia senil ou alzhéimer (13%), cancro (13%), diabete (9%) ou depresión (8%).

A que idade nos facemos maiores?

Cando se fai esa pregunta, en España se estima que aos 69 anos, cando en 2018 os españois apuntaban aos 73 anos. Entre os países analizados, o estudo demostra que somos os máis optimistas neste aspecto, fronte a países como Australia (67 anos), Estados Unidos (66), Reino Unido (65 anos), Alemaña (65 anos), Hong Kong (62 anos) ou China (62 anos).

De feito, a aseguradora de saúde concluiu que os mercados occidentais desenvolvidos cunha alta esperanza de vida teñen unha maior percepción da idade. Sen embargo, os países asiáticos que tamén presentan esta característica fan unha estimación máis á baixa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)