Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O IESE celebra en Vigo un almorzo directivo sobre finanzas persoais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Baixo o título “Como xestionar o teu diñeiro”, o profesor Ahmad Rahnema explicará a importancia dunha boa planificación e xestión dos nosos cartos, nun encontro que se celebrará o día 11 no Círculo de Empresarios de Galicia a partir das 9.00 horas.


Ahmad Rahnema é profesor de Dirección Financeira e titular da Cátedra Fuel Freedom de Enerxía e Desenvolvemento Social do IESE, a Escola de Dirección de Empresas da Universidade de Navarra. Doutor en Dirección de Empresas polo IESE e MBA pola Western Michigan University, a súa investigación centrouse principalmente nas finanzas internacionais, a xestión de riscos e os medios de pago. Na súa extensa traxectoria profesional desempeñou diversos traballos de consultoría para varias das principais empresas españolas e internacionais.

O profesor Rahnema é ademais coeditor da revista International Journal of Finance Education, membro do consello editorial da revista Harvard Deusto Business Revieu e presidente do Foro Financeiro Español de Londres. Así mesmo, é autor de varios libros sobre finanzas e impartiu conferencias en universidades e escolas de negocios de Europa e América.

Durante a conferencia, o profesor Ahmad Rahnema demostrará que a planificación das nosas finanzas persoais non se limita ás persoas con grandes recursos económicos. Ademais, o director de Programas en Galicia do IESE, Juan de Santiago, ofrecerá detalles do Programa de Desenvolvemento Directivo que o IESE organizará en Galicia en 2020.

Este almorzo directivo é o primeiro dunha serie de encontros con empresarios que o IESE celebrará en diferentes cidades de Galicia coa presencia dalgúns dos máis prestixiosos profesores da Escola de Dirección de Empresas. As persoas que desexen asistir a este almorzo poderán inscribirse na web www.iese.edu/vigo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)