Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Achegando as formacións STEM ás mulleres



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Aldaba, UDC e Uvigo colaboran na nova Cátedra Aldaba WIB, cuxos obxectivos son achegar o mundo das TIC ás mulleres, fomentar a súa participación na ciencia e achegar a investigación á realidade empresarial.


Así o destacou onte o director de Aldaba, Enrique Fernández, na presentación da súa Cátedra Women, ICT & Business (WIB), nun acto que se celebrou na Coruña e no que participaron tamén os reitores das universidades da Coruña e Vigo, Julio Abalde e Manuel Joaquín Reigosa, respectivamente. Na súa intervención, o directivo da tecnolóxica galega tamén sinalou a importancia de establecer canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa co fin de formar aos mozos nas necesidades tecnolóxicas que demanda o tecido empresarial galego. “De aí que esta cátedra sexa conxunta coa Facultade de Informática da UDC (FIC) e coa Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense”, engadiu.

Pola súa banda, o reitor da UDC, Julio Abalde, destacou “o espírito innovador de Aldaba, xa que recentemente recibiu o Premio Confianza UDC 2019 outorgado polo Consello Social da UDC como recoñecemento ás súas iniciativas dentro do eido da docencia e a investigación”. Ademais, Abalde sinalou que a Cátedra Aldaba WIB permitirá visibilizar o papel da muller na ciencia e espertar o seu interese nas ramas tecnolóxicas, dúas liñas que compaxinan coas accións que realiza a universidade a través do seu Campus Innova.

Achegar o mundo STEM e as carreiras TIC ao sector feminino é un reto europeo e sería unha gran satisfacción conseguir que a metade do mundo se interese polo sector TIC, porque actualmente estamos perdendo talentos. A través desta Cátedra Aldaba WIB esperamos conseguir moitos éxitos e fomentar esta participación”, afirmou pola sua banda Manuel Joaquín Reigosa.

Segundo se avanzou na súa presentación, a dirección da Cátedra Aldaba WIB estará en manos de Ana Belén Porto, profesora titular da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da UDC, e de Juan Francisco Gálvez, catedrático da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)