Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 66% dos españois confía en manter o seu emprego durante os próximos seis meses



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Más de 13 millóns de profesionais en España esperan continuar no seu posto de traballo o próximo medio ano. As mulleres (63%) son menos optimistas que os homes (70%), unha tendencia que se reverteu nos últimos anos.


Segundo un estudo elaborado por Randstad, durante o terceiro trimestre de 2019, a taxa de profesionais que amosan confianza en manter o seu actual emprego se sitúa no 66%, unha porcentaxe que se mantén estable nos últimos catro trimestres, se ben se rexistra unha leve contracción durante os últimos tres meses, descendendo do 67% ao 66% actual.

Cando se analiza a serie histórica, se detecta que, tras rexistrar as cifras máis baixas durante o segundo e terceiro trimestre de 2014 (57%), a taxa de confianza en manter o emprego aumentou o ano seguinte e mantívose estable durante todo 2015, entre o 62% e o 64%. Durante o primeiro trimestre de 2016, este índice continuou crecendo ata acadar o 68%. Tras un descenso de dous trimestres consecutivos, a confianza dos empregados volveu recuperarse e acadou o 69% durante os primeiros tres meses de 2017, a maior taxa acadada ata entón. A partir de aquí, rexistráronse índices máis baixos, de ata o 63%, ata o terceiro trimestre de 2018, cando acadou a maior cifra de toda a historia (70%), para logo descender ata moverse entre o 65% e o 67% nos últimos trimestres.

Analizando o índice de confianza dos empregados segundo o seu xénero, este estudo destaca que a das mulleres caeu sete décimas, mentres que a dos homes só unha. Deste modo, o 70% dos homes non teme perder o emprego, mentres que así o pensa o 63% das mulleres. Ao observarse a evolución dos últimos anos, é relevante comprobar que elas foron as que máis confiaban en manter o seu emprego durante os terceiros trimestres dos anos 2015 e 2016. No ano 2017 ambos xéneros estabilizáronse no 62% para experimentar un considerable aumento en 2018. Finalmente, en 2019, a confianza dos homes baixou nunha décima mentres que a das mulleres pasou do 69% ao 63%.

En canto aos grupos de idade, os traballadores de máis de 45 anos son os únicos que aumentaron a súa confianza en manter o emprego durante o último ano, medrando un 7% e pasando dunha taxa do 69% durante o terceiro trimestre de 2018 ao 74% actual. O maior menoscabo da confianza, un descenso do 29%, producíuse entre os menores de 25 anos, pasando do 70% ao 50% nun ano, mentres que a taxa dos profesionais de entre 25 e 45 anos descendeu un 7% (do 69% ao 64%).

Por debaixo da media europea

O noso país non é precisamente optimista comparado cos seus veciños europeos. O estudo revela que a taxa de profesionais que confían en manter o seu emprego en España (66%) se sitúa sete puntos por debaixo da media europea (73%). Só o Reino Unido (65%) e Italia (61%), rexistran unha taxa menor á española.

Luxemburgo (84%), Austria (81%) e Noruega (78%), encabezan o ranking en canto a países con maior a taxa de confianza entre os seus ocupados. A continuación, tamén por riba da media europea, sitúanse Xapón (77%), Países Baixos (75%) e Portugal (74%). Bélxica e Alemaña comparten a mesma taxa de confianza que a media de Europa (73%). No lado contrario, cos menores índices de confianza de Europa, pero por riba de España, Reino Unido e Italia, se atopan Grecia (71%), Australia e Francia (os dous co 68%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)