Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ineo dá as claves para adentrarse nos mercados chinés e indio



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



A Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia abre a inscrición para participar na xornada “Oportunidades de negocio multisectorial en China e India e ferramentas financeiras”, que se celebrará o martes na sede da CEP en Vigo, a partir das 9.45 horas.


Trátase dunha actividade gratuíta, enmarcada no proxecto de fomento da internacionalización Ecicii Plus, financiado polo Programa Interreg V-A España-Portugal (Postep) 2014-2020, que ofrecerá aos asistentes claves para aproveitar o potencial de expansión cara dous dos países que están experimentando un maior crecemento. Durante esta xornada, organizada en colaboración co Banco Sabadell, diversos expertos abordarán as oportunidades de negocio que ofrecen China e India, así como as barreiras formais e informais para entrar nestes mercados. Os interesados en realizar a inscripción deben contactar con Ineo enviando un correo a ineo@ineo.org ou chamando ao 986112570.

China e India contan con diferentes formas de operar nos negocios que resultan imprescindibles coñecer para ter éxito na internacionalización. Por iso, Ineo contará con expertos en cada un destes mercados, así como con representantes de empresas galegas que xa están operando nestes países e que compartirán a súa experiencia.

Luis Sestelo, presidente de Ineo, abrirá a xornada ás 10.00 horas. Seguidamente, Hugo Tian, director xeral do China Center Paris, e unha empresa galega con ampla experiencia no mercado chinés presentarán as oportunidades de negocio en China, mentres que Arum Kumar, conselleiro de Sunpower en India, e Gonzalo Varela, director de GV Soluciones, empresa con filial en India, falarán das que ofrece este país. O debate estará moderado por Armando Priegue-Freire, socio director de Axperia Ventures.

Pola súa banda, Javier Balbín, director territorial do Noroeste e director de Negocio Internacional en Banco Sabadell, presentará os instrumentos de apoio que ofrece a entidade financeira para estes mercados. Para rematar, as empresas que o desexen poderán solicitar reunións bilaterais cos relatores.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)