Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os empresarios contan coa Deputación de Lugo para electrificar a liña férrea entre Monforte e A Coruña



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Os líderes de CEC e da CEL defenden que Monforte ten potencialidade para converterse nunha plataforma loxística de primeiro nivel, e esta electrificación supoñería un gran apoio. Cren que é o momento oportuno de centrar esforzos en lograr redes de transporte eficientes e perfectamente interconectadas.


Ao ser intermodais, ademais, esta sliás “garanten un fluxo correcto e eficiente tanto de pasaxeiros como de mercadorías”. Os líderes das dúas patronais, Antonio Fontenla (A Coruña) e Jaime López (Lugo) reuníanse esta mañá en Monforte co titular da Deputación lucense para traballar xuntos nunha liña, en marcha ata Lugo, que consideran fundamental para o transporte de mercadorías, especialmente desde os portos da Coruña e Ferrol tanto coa Meseta como con Europa.

O eixo ferroviario Palencia-Monforte-A Coruña forma parte da denominada rede básica, polo que pode optar aos fondos europeos "Conecta Europa" para a súa rehabilitación e conexión co Corredor Atlántico, adaptándoa así ao ancho europeo e electrificándoa a 3.000 voltios para empezar a soportar tráfico de forma inmediata. Antonio Fontenla e Jaime López coinciden co presidente da Deputación lucense que investir en infraestruturas que nos conecten con Europa non só afianzaría o crecemento empresarial senón que axudaría a consolidar o desenvolvemento económico e a vertebración social da nosa contorna.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)