Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O festivo en sábado diminúe as reservas de turismo rural un 74,64% na ponte do Pilar



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Os establecementos galegos non figuran entre os destinos preferidos para estes días, mentres que Cataluña será a comunidade autónoma que máis turistas rurais recibirá. Por provincias, Barcelona, Madrid e Xirona son as tres máis solicitadas polos viaxeiros para aloxarse.


Máis do 20% dos viaxeiros elixe as pontes para facer turismo rural segundo unha enquisa elaborada polo portal de aloxamentos rurais www.clubrural.com. Esta semana celébrase o Día da Virxe do Piar, festivo que caeu en sábado este ano e afectou cun notable descenso ás xestións de casas rurais.

A ausencia de ponte do Piar trae datos negativos nas reservas do mes de outubro, prexudicando aos establecementos en comparación coa mesma data do ano pasado. Por comunidades autónomas, Cataluña será a que máis viaxeiros reciba estes días, cun 21,26% das reservas, seguida de Castela e León (19,30%) e Madrid (12,24%). Dúas rexións de interior e unha costeira, poñendo de manifesto o potencial do centro peninsular en tempadas de outono e inverno.

En canto ás provincias, os destinos son moi similares aos do ano pasado. No ranking das máis demandadas atópanse Barcelona (12,76% das reservas), Madrid (12,24%), Xirona (5,70%), Segovia (5,61%), Ávila (5,53%), Navarra (3,91%), Cantabria (3,74%), Guadalaxara (3,06%), Toledo (2,72%) e Granada (2,55%).

Respecto aos municipios, os máis visitados polos turistas rurais son poblos pequenos pertencentes á Comunidade de Madrid e á provincia de Ávila. Entre os máis solicitados atópanse El Berrueco (Madrid), Burgohondo (Ávila), Fuentidueña de Tajo (Madrid), Alpedrete (Madrid) e Navaluenga (Ávila).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)