Publicidade

R maio 2021


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Big Data Coruña acada a súa quinta edición cun cento de asistentes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Expertos en tecnoloxía e analítica de datos de nivel internacional afondan dende onte nos novos retos desta disciplina nun congreso que se celebra no Centro de Investigación TIC (Citic) da Universidade da Coruña.


Coa asistencia de preto dun centenar de persoas procedentes do ámbito empresarial e académico, a mesa de apertura foi a cargo do reitor da UDC, Julio Abalde Alonso; o director do Citic, Manuel F. González Penedo, e a organizadora do encontro, Amparo Alonso, presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC e investigadora do Citic.

Na súa intervención, o reitor da UDC salientou que a universidade é capaz de especializarse nas áreas estratéxicas que servirán á sociedade no futuro “grazas a actividades como estas”, xa que “o Citic é lugar de encontro entre empresas e universidade”, colaborando para que “a formación que se imparte na Universidade concorde co que as empresas demandan”.

Pola súa banda, o director do Citic incidiu en que este congreso “comulga coa estratexia europea en intelixencia artificial e tratamento de datos”. Durante a xornada de hoxe reuniranse no Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña expertos nesta disciplina procedentes de Estados Unidos, Gran Bretaña, Francia e Portugal.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)