Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dixitalización e cooperación para unha maior prosperidade do agro



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) presentaba esta mañá AGROSMARTglobal, proxecto europeo cofinanciado polo InterregSudoe 2014-2020 con 1.598.000,00 €. Trata de mellorar a internacionalización dixital nas cooperativas agrarias facendo máis fortes as alianzas empresariais con China e Estados Unidos.


As dez rexións do espazo europeo que abarca o proxecto son en España: Galicia, Castela-A Mancha, País Vasco e A Rioxa; en Francia Nova Aquitania; e en Portugal Norte, Algarve, Centro, Lisboa e Alentejo.

As principais actividades de AGROSMARTglobal, que finaliza en setembro de 2022, desenvolveranse ao redor de tres vertentes: a capacidade de diferenciación dos produtos das cooperativas agroalimentarias con medidas para protexer e promover as Indicacións Xeográficas Protexidas (IGP) e as Denominacións de Orixe (DOP) nos mercados dixitais; servizos de apoio á internacionalización dixital cunha plataforma online onde acceder a ferramentas TIC e servizos de consultoría; e traballo coas cooperativas para  desenvolver estratexias de márketing dixital e introducir e posicionar os seus produtos en plataformas de comercio dixital con misións comerciais a China e Estados Unidos onde establecer lazos empresariais. Finalmente, deseñarase un programa formativo multidisciplinar e unha rede de networking e intercooperación entre as cooperativas participantes no proxecto, así como con entidades dos mercados de destino.

José Montes, presidente de AGACA destacou o impacto social do proxecto: “enfrontámonos ao maior cambio visto en materia de vendas en mercados locais e internacionais, as novas tecnoloxías democratizan o acceso a alimentos de calidade e as cooperativas deben estar aí para achegar ese valor aos nosos pobos e zonas rurais e que o valor non quede en intermediarios”.  O conselleiro de Economía, Emprego e Industria,  Franciso Conde, destacou que o proxecto “pon de manifesto a importancia de colaborar. Crear pactos para compartir e sumar xuntos é a vocación coa que estamos aquí e con querémola traballar os próximos 36 meses.”

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)