Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Whisky á galega



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



O grupo Dstills lanza o primeiro whisky galego, elaborado en barricas de augardente anello, e prevé exportalo a Europa e América xa en novembro. A empresa, de capital 100% galego, utiliza para este produto materias secas ecolóxicas, vidro reciclado e etiquetas de papel ecolóxico.


Para o seu desenvolvemento empregou barricas que gardaron durante oito anos augardente elaborado en Galicia. O destilado consegue, grazas a esta combinación, un whisky con matices de tofe, mel e vainilla. É a primeira vez que se embotella un destilado destas características, xa que habitualmente as barricas que se empregan para a elaboración do whisky son de bourbon, coñac ou viños de Xerez.

A firma de destilados lanzará en novembro 5.000 botellas deste whisky, inicialmente, co fin de crear un produto de autor que aúne tradición e procesos artesanais innovadores na elaboración dun destilado. A compañía ten previsto que o primeiro whisky galego compita co resto de destilados artesanais en Europa e América.

Este é o segundo whisky artesanal que a empresa galega lanza ao mercado, despois de ser os primeiros en embotellar un whisky con notas a chocolate. Para conseguilo, o destilado estivo infusionado con chocolates de autor de primeira calidade.

125 años no sector

O grupo Dstills pertence a unha saga de empresarios adicados ás bebidas espiritosas, que leva máis de 125 anos elaborando destilados co compromiso de recuperar procesos tradicionais aos que sumar innovación. A empresa, con sede en Galicia, quixo aproveitar para a súa última creación a gran tradición vitivinícola e de destilados que ten esta comunidade autónoma. Como ocorreu con outros dos seus destilados, pretende exportar o primeiro whisky galego a Portugal, Francia, República Checa, Bélxica e a diferentes países de América, onde se está posicionando.

A empresa ten actualmente no mercado outros oito destilados, dos que cinco son xenebras, e os tres restantes son ron, vodka e o whisky chocolate. A empresa segue unha estrita política de respecto ao planeta. De feito, neste whisky galego utilizou materias secas ecolóxicas, así como vidro reciclado e etiquetas de papel ecolóxico.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)