Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un cento de profesionais participan en Lisboa no último ‘workshop’ do ano do Clúster Turismo de Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



A capital portuguesa foi o lugar elixido polo Clúster Turismo de Galicia para poñer punto e final aos Workshop de Destino Proximidad celebrados este año, unha iniciativa na que máis de medio cento de turoperadores lusos mantiveron encontros con empresarios do sector turístico galego.


No hotel Altis de Lisboa os participantes profundizaron nos recursos e a oferta turística galega, nun encontro que foi organizado polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa OET de Lisboa e a Axencia de Turismo de Galicia, que se enmarcou na aposta da entidade que aglutina ao sector turístico gallego polo fortalecemento de sinerxias co país veciño.

Durante a xornada de traballo, un total de 66 turoperadores lusos mantiveron reunións B2B con 35 empresas galegas co obxectivo de profundizar no seu coñecemento do destino e en novas propostas, paquetes, aloxamentos e servizos para gozar do territorio galego. O encontro contou tamén coa participación da directora da OET de Lisboa, Natalia Brianes, e da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, que coincidiron en destacar os lazos que unen ambos territorios e a importancia de favorecer sinerxias entre ambas. Neste mesmo sentido expresouse o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, quen fixo fincapé no traballo que está facendo o sector turístico galego de cara á preparación do próximo Xacobeo 2021. A xornada incluiu ademais un showcooking a cargo do chef coruñés Pablo Gallego, a música do grupo Son de Seu e a entrega de premios de incentivo ás axencias participantes consistentes en aloxamentos en Galicia.

Lisboa foi a última parada da tercera edición dos Workshop de Destino de Proximidade do Clúster Turismo de Galicia, tras Málaga e Sevilla, concebidos para dar a coñecer a oferta turística galega a destinos na Península que reúnen as condicións perfectas para ser emisores de turismo nacional cara o territorio galego. Sen embargo, non é o final das actividades de promoción e de xeración de sinerxias do Clúster Turismo de Galicia por este ano, xa que aínda ten pendente o desenvolvemento de accións vinculadas ao turismo de incentivos e congresos, así como a entrega, a finais de ano, dos Premios Galicia de Turismo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)