Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Sofía e Mateo, os nomes que máis levan as nenas e nenos recén nados en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



O IGE vén de publicar esta divertida estatística de nomes dos neonatos de 2018, que básicamente coincide coa de 2017. ‘Noa’, ‘Daniela’, ‘Martina’ e ‘Sara’ xunto a´Martín, ‘Lucas’, ‘Hugo’ e ‘Leo’ tamén triunfan. Pero Manuel, Antón e Carmen seguen a resistir.


Se se compara co 2017, os primeiros continúan na mesma posición se ben ‘Lucía’ desaparece do sexto lugar e é substituído por ‘Valeria’. Pola contra, se se establece unha comparativa co ano 2008 só se manteñen dous nomes entre os seis primeiros máis frecuentes que son ‘Noa’ e ‘Sara’.

En canto aos nomes masculinos, o Instituto Galego de Estatística mostra que o sexto máis frecuente é Daniel. A mesma comparativa co 2017 reflicte que estes de hoxe eran tamén os nomes preferentes nese ano aínda que en posicións distintas, agás ‘Enzo’ que desaparece e é substituído por ‘Daniel’. Pola contra, se se establece unha comparativa co ano 2008, só se manteñen ‘Hugo’ e ‘Daniel’. Se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como, entre 2017 e 2018, no caso dos nenos todos os nomes coinciden agás ‘Diego’, ‘Mario’ e ‘Alex’ que no 2018 son substituídos por ‘Nicolás’, ‘Anxo’ e ‘Roi’. En canto ás nenas, no 2018 soben á lista ‘María’, ‘Lía’ e ‘Mía’ e desaparecen ‘Paula’, ‘Iria’ e ‘Sabela’. Ademais, medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (‘Noa’, ‘Antía’ ou ‘Uxía’) como para os nenos (‘Brais’, ‘Antón’ ou ‘Anxo’).

O IGE tamén dispón da ‘Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación’ a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da localidade, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual). E ver como mudaros os gustos.

NOMES MÁIS FRECUENTES EN 2017 E 2018

 

NENOS

NENAS


2018

2017


2018

2017

1

Mateo

Martín

1

Sofía

Sofía

2

Martín

Lucas

2

Noa

Noa

3

Lucas

Mateo

3

Daniela

Daniela

4

Hugo

Hugo

4

Martina

Martina

5

Leo

Leo

5

Sara

Sara

6

Daniel

Enzo

6

Valeria

Lucía

7

Manuel

Daniel

7

Alba

Alba

8

Pablo

Pablo

8

Enma

Carla

9

Gael

Manuel

9

Lara

Lara

10

Enzo

Izan

10

Lucía

Vera

11

Marco

Adrián

11

María

Carmen

12

Brais

Diego

12

Carla

Valeria

13

Izan

Gael

13

Julia

Paula

14

Adrián

Alejandro

14

Antía

Julia

15

Antón

Mario

15

Uxía

Valentina

16

Nicolás

Marco

16

Carmen

Uxía

17

Alejandro

Brais

17

Vera

Emma

18

Anxo

Antón

18

Valentina

Antía

19

Iago

Alex

19

Lía

Iria

20

Roi

Iago

20

Mía

Sabela



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)